Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

VIDEO | Os plenos no Val Miñor e outras "pérolas" do debate plenario do PXOM Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

Momento do pleno

Que Nigrán e Baiona celebren os plenos de mañá non é unha casualidade. Cantas menos testemuñas menos información, e os asuntos poden levarse sen que levanten moito rebumbio. E se sobra alguén que poida ser molesto, pois elimínanse o aforo e punto.

Un comunicado dos respectivos gabinetes de prensa municipais e os cruces de acusacións dos respectivos partidos políticos logo da finalización do pleno xa é suficiente para encher as páxinas locais coa particular visión da actualidade do día de cada un dos respectivos partidos. (Ctrl +C / Ctrl +V)

Para evitar rebaixas nos soldos de goberno, postérganse por segunda vez os orzamentos de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF


casa-concello-gondomar

Figuraban na orde do día do pleno do pasado xoves, e cando toucou debater os mesmos, o concelleiro nacionalista non adscrito, Pauliño del Río, volveu presentar unha enmenda para
rebaixar á metade os soldos dos 6 concelleiros de goberno con dedicación exclusiva. Inmediatamente o alcalde Fernando Guitián (PP) sinalou que a devandita enmenda debía contar cun informe dos técnicos municipais pola súa repercusión xurídica e económica. Polo que ao igual que na sesión de xullo, o proxecto quedou enriba da mesa.
"De aprobarse a enmenda quedarían aprobados os orzamentos coa rebaixa inmediata ao 50% das dedicacións do goberno", explicou o edil nacionalista Antonio Araújo. "Unha vez máis volveu quedar claro cales son as prioridades do goberno", salientaba logo da sesión.

9 a 8 : A oposición rexeita por unanimidade a aprobación inicial do PXOM de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

pleno gondomar setembroFinalmente a aprobación inicial do PXOM de Gondomar foi rexeitada na votación do pleno. O proxecto contou co apoio dos 6 edís do PP e 2 do cogobernante CDL. Impúxose a maioría dos 9 concelleiros opositores e o documento deberá volver a estudo.

Tras máis de dúas horas e media de sesión e culminada a primeira rolda de intervencións os 9 concelleiros da oposición manifestan estar encontra do proxecto do PXOM presentado polo goberno de Gondomar (PP-CDL).

As principais críticas recaen na forma en que foi tramitado o documento, a falla de diálogo coa veciñanza, e innumerables pegas de orden técnico e da política urbanística que amosa o documento.

Os veciños de Gondomar preparan as catiuscas para unha nova temporada de inundacións

Correo-e Imprimir PDF

Parque das Cercas no entorno do CDL esta tarde | Foto - Gondomar.tvOs veciños de Gondomar preparan os baixos das súas casas e edificios no que parece ser xa o comezo dunha nova temporada de inundacións na vila.

Hoxe pola mañá desbordaba o río Morgadáns á altura do barrio de A Torre e todo facía prever que o entorno do CDL e o parque da Coelleira pronto aparecerían asolagados. A situación era similar no barrio de Moreira, nas fincas situadas á beria do río Miñor, onde as aguas xa entraron nalgunha delas.

O BNG convoca unha asemblea aberta en Gondomar dentro do proceso “Construíndo futuro”.

Correo-e Imprimir PDF

"Coa convocatoria de Asemblea Aberta para o vindeiro sábado 20 de setembro ás 20:30h na Casa da Cultura de Gondomar iníciase no noso concello o proceso Construíndo futuro impulsado polo BNG", sinalan dende a agrupación nacionalista.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL