Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar 9 a 8 : A oposición rexeita por unanimidade a aprobación inicial do PXOM de Gondomar.

9 a 8 : A oposición rexeita por unanimidade a aprobación inicial do PXOM de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
pleno gondomar setembro

Finalmente a aprobación inicial do PXOM de Gondomar foi rexeitada na votación do pleno. O proxecto contou co apoio dos 6 edís do PP e 2 do cogobernante CDL. Impúxose a maioría dos 9 concelleiros opositores e o documento deberá volver a estudo.

Tras máis de dúas horas e media de sesión e culminada a primeira rolda de intervencións os 9 concelleiros da oposición manifestan estar encontra do proxecto do PXOM presentado polo goberno de Gondomar (PP-CDL).

As principais críticas recaen na forma en que foi tramitado o documento, a falla de diálogo coa veciñanza, e innumerables pegas de orden técnico e da política urbanística que amosa o documento.

Todos os portavoces da oposición manifestaron o seu malestar polo feito de decatarse desta sesión plenaria para a aprobación inicial do PXOM a través dos medios de comunicación. Por riba, sinalan que a documentación final do proxecto lles foi remitida polo Concello de Gondomar hai tan só tres días.

Ata a publicación deste artigo, fixeron uso da palabra os concelleiros Paco Ferreira (PSOE), Manuel Gómez (IxG), Eladio Costas (non adscrito) e Antonio Araújo en nome dos cinco edís nacionalistas non adscritos. Pola súa banda, o alcalde de Gondomar, Fernando Guitián (PP), iniciou a sesión plenario pregando o apoio da oposición ao PXOM, a prol dun "día histórico para Gondomar". Todo fai indicar que chegada a votación, os 9 votos da oposición impedirán a aprobación inicial do documento urbanístico.

A sesión estase a desenvolver no recen estreado Auditorio Municipal Lois Tobío, cunha importante asistencia de veciños.

VIDEO

- Coa colaboración de GondomarTV