Martes, 16 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar A Deputación completa o financiamento da reforma do Auditorio Municipal de Gondomar.

A Deputación completa o financiamento da reforma do Auditorio Municipal de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
visita-xunta-ltobio

A Deputación achega 82 mil euros para rematar as obras do Auditorio Municipal de Gondomar. Exactamente 82.220,94 euros, que terán por obxecto o financiamento dos traballos de "ampliación do escenario e á remodelación dos camerinos e aseos" segundo dá a coñecer o organismo provincial este luns 1 de setembro. Os fondos pertencen ao denominado Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais (PUSIM), posto en marcha en marzo pasado.


Agora, sumados aos 170 mil euros aportados inicialmente pola Xunta de Galicia, a obra acada os 250 mil euros nos que estaba estimada. A reforma atopábase ata de agora comprometido o seu financiamento pois o goberno en minoría de Gondomar non acadou en xullo pasado os votos suficientes para aprobar unha modificación de crédito por 53 mil euros que permitiran a súa conclusión. De feito, o Concello apuraba a aprobación dos orzamentos 2014 para setembro ca fin de acadar os devanditos fondos, feito que agora atopa unha solución pola vía do apoio provincial.