A Comisión de Coordinación do Círculo Podemos Gondomar convoca unha asemblea aberta, para o xoves día 4 de setembro as 20 horas, no Centro Neural da vila.
A xuntanza terá a seguinte orde do día:
1.- Pautas de funcionamento da Asemblea
2.- Proposta de organización provisional
3.- Como participar en Podemos
4.- Continuación da discusión do preborrador de Organización
5.- Rolda de intervencións libres
Dende o próximo 15 de setembro ao 15 de novembro celebrarase a Asemblea Cidadá de PODEMOS, desenvolvéndose unha axenda na que, a través de diversos medios, presenciais e telemáticas, se establecerán as bases políticas, éticas, organizativas e se elixirán os seus órganos de decisión.
O círculo PODEMOS de Gondomar convida a todas as persoas do concello, que estean interesadas en participar neste proceso constituínte a concorre á asemblea que se vai celebrar o xoves 4 de setembro no centro neural de Gondomar ás 8 da tarde.