"Dada a necesidade de información e a demanda da xente, dende ANOVA-IN imos iniciar unha rolda de asembleas informativas por todo Gondomar", informa este mércores o edil nacionalista Antonio Araúxo. Engade que as mesmas terán por fin "explicar e informar á xente de como está neste momento o asunto do cobro e das posibles reclamacións ao respecto do IBI (contribución), do recibo do lixo e tamén da tramitación e futuro do PXOM. A primeira terá lugar este venres 10 de outubro ás 20:30 horas no Centro Neural de Gondomar. Na mesma, ademais de Araúxo intervirá o tamén concelleiro nacionalista Pauliño del Río.