A zona de xogos do colexio público infantil de Chaín está cuberta de matos.
Así o atoparon este mércores as familias que levaron aos seus fillos no primeiro día do curso escolar.
O concelleiro nacionalista Antonio Araújo sinala que os pais e nais do CRA de Chaín manifestáronlle estar indignados pola falla de mantemento . “O lamentable deste asunto é que temos unha concelleira con dedicación exclusiva para ter isto resolto, sobre todo tendo en conta que o comezo de curso é algo sabido con antelación abondo”, sinala o edil.
VIDEO