Domingo, 28 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade

Sociedade

Co gallo da estrea Cantares do Brión sortea unha camiseta e un CD de ARRUÍDOS en Facebook.

Correo-e Imprimir PDF

camiseta arruidosChega con dar un gústame e compartir a publicación na rede Facebook para participar dun sorteo dunha camiseta e un CD de ARRUÍDOS, o primeiro álbum do Coro Tradicional Cantares do Brión. Así, a agrupación con sede en Vincios, bota andar a campaña promocional da presentación oficial do seu disco que terá lugar o vindeiro venres 1 de agosto ás 22:30 horas na Alameda de Gondomar. O sorteo dos premios terá lugar o xoves 31 de xullo.

Agroma un novo modelo educativo da xuntanza en Panxón das Mareas do Ensino de todo o Estado.

Correo-e Imprimir PDF

xorndas-panxonUn centenar de representantes das Mareas polo Ensino Público culminaron tres días de traballo e debate coa creación de 8 equipos que desenvolverán nos próximos meses unha proposta alternativa ao modelo de ensino contido na LOMCE. Canda esta iniciativa, un plan de mobilizacións se coordinará en todas as comunidades educativas do Estado na loita contra os recortes no ensino e na procura dunha "xestión democrática" dos centros. Cunha cita para volver a reunirse en decembro, os asistentes comprometéronse a levar a debate nas diversas comunidades educativas do Estado o actuado nesta I xornada "A educación que queremos" desenvolvida no CPI de Panxón (Nigrán) do 16 ao 18 de xullo.

Alerta en Galicia pola aparición de ladróns que falan galego.

Correo-e Imprimir PDF

Aparentemente son catro mozos novos, utilizan lanternas para encandear as vítimas, mais a principal sinal que salientan diversos medios é que falan galego. "Son violentos, utilizan linternas y hablan gallego", titula na súa cobertura dunha serie de roubos no rural de Ourense o xornal La Región. Mentres que a crónica do sábado de La Voz de Galicia salienta que "Así, todos los testigos han confirmado que se trata de personas jóvenes, que hablan gallego y que actúan de forma muy organizada".

Trece cativos saharauís comezan a facer amigos no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

visita-saharauis-2Son un total de 13 nenos e nenas, de entre 7 e 12 anos, que dende onte fican no Val Miñor. Deles, 5 residirán con familias de Gondomar, 6 en Nigrán e 2 en Baiona. Enrique Porto, fornecedor do programa Vacacións en Paz e delegado da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui na bisbarra, agradeceu especialmente a colaboración do Concello de Gondomar con este programa. "Todos os anos recíbennos cos brazos abertos e axúdannos en todo o posible", afirma. "Aínda que xa son moitos os anos que levamos con este programa –máis de 20- , o apoio non decae. Cada ano renóvanse as familias de acollida e a maioría delas repite experiencia", apunta Enrique Porto. Este ano, un total de 320 nenos e nenas saharauís pasarán os meses de verán en Galicia.

Veciños crean un servizo parroquial de asesoramento para trámites públicos en Chandebrito.

Correo-e Imprimir PDF

barrio da igrexaVeciños de Chandebrito abren un servizo de asesoramento para trámites ante as administracións públicas. A iniciativa pretende facilitar a recollida de peticións, queixas e suxestións da veciñanza "xa que aínda a día de hoxe, teñen dificultades para chegar ás administracións", segundo a promotora do servizo, a Asociación Veciñal e Cultural "Chandebrito 1807". Esta mediación voluntaria se realizaría de xeito experimental na planta baixa da escola infantil tódolos venres do mes de xullo e agosto (agás festivos) en horario de 17.30 a 18.30 horas.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL