Luns, 13 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade

Sociedade

As fotos de Asunta Basterra

Correo-e Imprimir PDF

amgAsociación de Medios en Galego posiciónase radicalmente en contra da publicación de fotografías denominadas "escabrosas" da nena Asunta Basterra. A entidade fai un chamamento ás direccións dos medios que recolleron esas imaxes, para que as retiren no prazo máis breve posible. Os medios en galego entenden afastada "da ética informativa e cidadán máis básica" a difusión de imaxes morbosas e que "parecen regocixarse na exaltación dos peores instintos humanos, somentes guiados pola máis ruín búsqueda de audiencias".

Juan Carlos abdica ao trono de España.

Correo-e Imprimir PDF

Juan Carlos I Rey de España 2009 2Mariano Rajoy anuncia esta mañá, en declaración institucional, o propósito do Rei Juan Carlos de abdicar e transmitir a xefatura do Estado ao seu fillo, o Príncipe de Asturias, de conformidade co previsto no artigo 57, 1º e 2º da Constitución. Os motivos da abdicación serán expostas polo propio monarca no correr da xornada. Entre mentres, o presidente do goberno anuncia que mañá terá lugar un Consello de Ministros extraordinario co obxectivo de tomar as previsións institucionais necesarias.

Semana crucial para saber se a investigación do caso Couso segue adiante. #xornalistas

Correo-e Imprimir PDF

José Couso en Iraq - Imaxe GCA Audiencia Nacional deberá decidir se o xuíz que leva anos tentando condenar aos asasinos de Couso segue ao fronte do caso.

Investigar ou non investigar. Esa é a cuestión. E será o que decida o pleno da Audiencia Nacional o vindeiro venres para ver se o caso Couso, sobre a morte do cámara galego José Couso en Iraq en 2003, débeo seguir investigando o xuíz Santiago Pedraz ou se debe ser remitido á Sala para que sexa este órgano o que resolva respecto diso.

A pé dos centros e por Internet se recollen firmas en contra do uso das bandexas plásticas no ensino de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

bandexas-plasticas-iemOs pais e nais do CEIP Souto Donas mobilizados en rexeitamento do uso de bandexas plásticas nos comedores escolares están a recoller firmas. Queren chegar ás 1000 sinaturas para así presentalas no Concello de Gondomar antes de que se abra o concurso para contratar o novo catering que atenderá aos escolares do municipio. Para iso piden a colaboración da cidadanía para que acompañen a campaña en change.org e informan que tamén estarán a pé dos coles de todo o Val Miñor con papeletas nas que tamén pódese asinar.

Resultados completos das eleccións europeas no Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF

parlamento europeo EstrasburgoO Partido Popular continúa sendo a forza máis votada no Val Miñor acusando unha perda 3515 votos, seguido do PSOE que perde 2262. A colalición AGE que conforman EU-IU, ANOVA, EES acadan o terceiro posto. PODEMOS que irrompe nestas eleccións como a cuarta forza política no Val Miñor, diante do BNG que pasa á quinta posición acusando unha perda de 592 votos.

UPyD baixa á sexta posición e CXG estréase cun 13º posto con apenas 85 votos.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL