Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Juan Carlos abdica ao trono de España.

Juan Carlos abdica ao trono de España.

Correo-e Imprimir PDF
Juan Carlos I Rey de España 2009 2

Mariano Rajoy anuncia esta mañá, en declaración institucional, o propósito do Rei Juan Carlos de abdicar e transmitir a xefatura do Estado ao seu fillo, o Príncipe de Asturias, de conformidade co previsto no artigo 57, 1º e 2º da Constitución. Os motivos da abdicación serán expostas polo propio monarca no correr da xornada. Entre mentres, o presidente do goberno anuncia que mañá terá lugar un Consello de Ministros extraordinario co obxectivo de tomar as previsións institucionais necesarias.

Rajoy prevé que "nun prazo moi breve" as Cortes completarán os trámites legais para a sucesión. O mandatario dixo que o Rei "foi o principal impulsor da democracia e (...) foi o mellor voceiro do Reino de España por todo o mundo". O presidente dixo que se decatou da decisión esta mesma mañá.
A convocatoria á prensa ao Palacio da Moncloa foi de urxencia. Malia o suposto segretismo, minutos antes filtrouse o ruxe-ruxe de que a comparecencia tiña que ver coa monarquía e non cunha crise de Goberno.
A monarquía sufre en España unha fortísima crise dende hai máis dun lustro. Malia os intentos de moitos medios de comunicación e do propio Goberno para rehabilitar a súa imaxe, os escándalos de corrupción da Infanta Elena e o seu marido Iñaki Urdangarín, a lesión na perna do Rei cando cazaba elefantes en África canda a súa amante e a mala saúde do monarca reduciron moi significativamente a popularidade dunha institución que chegou a ser unha das monarquías máis respectadas do continente

Coa colaboracións de Galicia Confidencial