Luns, 13 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade

Sociedade

Números gañadores do sorteo do Enterro do Kiko de Parada.

Correo-e Imprimir PDF

A comisión organizadora do Enterro do Kiko en Parada informa que o portador do cupón número 1185 foi agraciado co primeiro premio correspondéndolle un porco ou seu equivalente en diñeiro. O sorteo celebrado o pasado 8 de marzo tamén premiou ao portador do cupón número 1272 cun lote de salgado para facer un cocido. Os gañadores deben contactar coa comisión da festa no teléfono 628986597 para recoller os premios.

Resultados da II Carreira a prol da “Corresponsabilidade” en #Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

carrerreira-corresponsabili-Un total de 111 alumnos e alumnas da ESO participaron na "II Carreira a prol da Corresponsabilidade" para conmemorar o Día Internacional da Muller
- María Costas e Álex Estevez, do IES Auga da Laxe, foron os gañadores da proba
O pasado venres 7 de marzo, o Concello de Gondomar, a través da Concellaría de Igualdade, organizou a II Carreira a prol da "Corresponsabilidade" para conmemorar o do Día Internacional da Muller. A actividade dividiuse en dúas probas: a carreira e un concurso.

“Tod@s con Yessica” o vindeiro domingo 16 de marzo no Auditorio Municipal de #Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

yessica pabloalboran-O grupo de teatro A Moura pon en escena "Tecendo mentiras" nunha función solidaria con Yessica, que terá lugar o vindeiro domingo 16 de marzo ás 18 horas no Auditorio Municipal de Gondomar.
Yessica Martínez Romero ten 18 anos e dende cativa loita contra unha estraña enfermidade que non lle permite camiñar. Tras anos de pescudas e tratamentos neurolóxicos por diversos centros médicos do país, a finais do 2013 un centro especializado de Maryland (Estados Unidos) puído atopar unha acumulación de calcio no seu cerebro, a que podería ser a causa do seu impedimento. Mais para a súa cura necesita de máis estudos e tratamentos no país americano que a súa familia non pode costear por si soa.
Por iso, familiares e amigos organizan diversas campañas para recadar fondos, entre elas a achega solidaria de tapas ou espectáculos benéficos como o que organizará o vindeiro domingo o grupo de teatro A Moura, do Centro Cultural A Merced de Chaín.

“Mar de Nigrán” do Centro Juan María de Parada gaña o concurso de comparsas do #Entroido de #Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

mardenigran2A comparsa do Centro Juan María de Parada, "Mar de Nigrán", foi a gañadora do Concurso de Comparsas del Carnaval 2014, celebrado este domingo en Praia América. As agrupacións "Chinatown" e "O espertar das marionetas", todas elas do concello de Nigrán, obtiveron o segundo e terceiro posto respectivamente. En total, participaron once comparsas que permitiron un desfile de máis de 600 persoas que estiveron acompañadas dunhas 5 mil persoas segundo cálculos do Concello de Nigrán.

The Guardian faise eco do problema endémico da corrupción nos concellos de España #marcaEspaña

Correo-e Imprimir PDF

Portada do xornal británico The GuardianCritica a falta de institucións e leis para loitar contra esta lacra e pide organismos independentes para realizar este traballo.

"O verdadeiro desafío para España --máis alá da súa actual situación económica-- é o xeito de superar o seu problema de gobernanza pública. A corrupción e a mala administración son notorios entre a clase política". Así comeza un artigo no xornal británico The Guardian que non deixa en moi bo lugar á política e as institucións do Estado, tanto as centrais como as autonómicas ou locais.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL