Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade “Tod@s con Yessica” o vindeiro domingo 16 de marzo no Auditorio Municipal de #Gondomar.

“Tod@s con Yessica” o vindeiro domingo 16 de marzo no Auditorio Municipal de #Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
yessica pabloalboran

-O grupo de teatro A Moura pon en escena "Tecendo mentiras" nunha función solidaria con Yessica, que terá lugar o vindeiro domingo 16 de marzo ás 18 horas no Auditorio Municipal de Gondomar.
Yessica Martínez Romero ten 18 anos e dende cativa loita contra unha estraña enfermidade que non lle permite camiñar. Tras anos de pescudas e tratamentos neurolóxicos por diversos centros médicos do país, a finais do 2013 un centro especializado de Maryland (Estados Unidos) puído atopar unha acumulación de calcio no seu cerebro, a que podería ser a causa do seu impedimento. Mais para a súa cura necesita de máis estudos e tratamentos no país americano que a súa familia non pode costear por si soa.
Por iso, familiares e amigos organizan diversas campañas para recadar fondos, entre elas a achega solidaria de tapas ou espectáculos benéficos como o que organizará o vindeiro domingo o grupo de teatro A Moura, do Centro Cultural A Merced de Chaín.


"Tecendo mentiras" será a obra que A Moura poñerá en escena no Auditorio Municipal de Gondomar Lois Tobío, cedido gratuitamente polo Concello, o domingo 16 de marzo ás 18 horas. A entrada ten un custe mínimo de 2 euros, podendo cada espectador deixar unha achega solidaria a maiores.
As persoas que podan colaborar coa achega de tapas ou de algún outro xeito para axudar a Yéssica poden visitar a web http://www.elmundoconyesi.es/nosotros/ , onde atoparán máis información.