Luns, 13 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade

Sociedade

Falece na Arxentina o xornalista Xusto Piñeiro Soliño, fundador e director de Val Miñor - Radio.

Correo-e Imprimir PDF

Xusto PinheiroNo mediodía do venres tivo lugar en Bos Aires o pasamento do xornalista Xusto Piñeiro Soliño, fundador e director de Val Miñor- Radio, medio de difusión miñorano ao servizo do colectivo de galegos na Arxentina. Os seus restos están a ser velados nun tanatorio do barrio Ramos Mejía, na provincia de Bos Aires e posteriormente serán cremados.

Domingo de Corpus e alfombras florais en Gondomar: crónica e historia.

Correo-e Imprimir PDF

Corpus3Malia a ameaza de choiva, Gondomar volveu amencer  cuberto de mantos florais elaborados por diversos grupos veciñais. Exactamente foron 700 metros cadrados cubertos por estes segundo estimacións do Concello. O espectáculo multicolor que acompaña na vila a celebración do Corpus Christi dende a década dos 60’ do século pasado, amosou motivos infantís -elaborados polos propios nenos e nenas-, xeométricos, florais e ata deportivos, cun manto co escudo do Gondomar Club de Fútbol no ano do seu centenario.

Como celebrar San Xoán sen estragar o medio ambiente.

Correo-e Imprimir PDF

postal3Baixo o título “Consellos para celebrar o Lume Novo sen queimar o ambiente”, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), formula unha serie de indicacións e consellos a ter en conta nas diversas actividades que terán lugar ao longo do territorio na noite de San Xoán.

Os cativos do CEP Sabarís gañan unha viaxe ao parque acuático de Cerdeda pola labor de reciclaxe.

Correo-e Imprimir PDF

7892 o-cep-sabaris-de-baiona-faise-co-primeiro-premio-do-concurso-escolar-quotreciclate-con-sogamaquot-O CEP Sabarís de Baiona faise co primeiro premio do concurso escolar "Recíclate con Sogama"
-O presidente de Sogama, Luís Lamas, desprazarase este xoves, día 19, ao centro escolar para felicitar persoalmente aos profesores e alumnos que participaron na iniciativa e proceder á entrega do galardón, que consiste nun vale cambiable por importe de 1.000 euros para material escolar, así como 150 entradas para o Aquapark de Cerceda.
O CEP Sabarís co seu proxecto "Reciclándonos", proclamouse campión do concurso escolar correspondente ao programa "Recíclate con Sogama", enmarcado á súa vez no Plan Proxecta da Xunta de Galicia. O segundo posto recaeu no CEIP Ntra Señora da Asunción de Sarria, e o terceiro, no CEIP Santa María da Fonsagrada, ambos os dous na provincia de Lugo.

Mozas entre 20 e 24 anos, principais vítimas da violencia machista en Galicia

Correo-e Imprimir PDF

As mozas de entre 20 e 34 anos, principais vítimas da violencia machista en Galicia - Imaxe vídeo campaña do goberno de Croacia contra a violencia ás mulleresMuller entre 20 e 34 anos. Ese é o novo perfil da muller maltratada en Galicia. Lonxe quedan os estereotipos de que as mulleres máis vellas ou as que “tiñan outra mentalidade” eran as principais vítimas da violencia machista.

Un informe do Sergas acaba de desvelar que os casos detectados en Galicia afectan, principalmente, a mulleres mozas, primeiro as que están entre 20 e 24 anos e, logo, as que están na franxa entre 30 e 34. 

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL