Domingo, 12 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade

Sociedade

Nigrán abre a inscrición para o concurso de comparsas do Entroido 2014.

Correo-e Imprimir PDF

mascara-carnaval-gesso-As inscricións poderán formalizarse até o 21 de febreiro, en horario de 10.00 a 14.00 horas no rexistro municipal.

-O desfile terá lugar o sábado 1 de marzo na Avda. Praia América a partir das 17 horas.

-O Enterro da sardiña se celebrará o mércores 5 de marzo a partir das 19 horas.

-Talleres infantís, concurso de disfraces para nenos e o enterro da sardiña completan a programación municipal para este Entroido.

Concentración no Día Mundial contra o Cancro en reclamo de prestacións sociais suficientes para os pacientes.

Correo-e Imprimir PDF

 

 

bea pancartaEste martes 4 de febreiro “Día mundial contra o cancro” está convocada unha concentración ás 11 horas diante do edificio do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) na rúa O Grove (Coia). O acto está convocado por Beatriz Figueroa, enferma de cancro, co xeito de denunciar “a situación de indefensión socioeconómica” dos pacientes que como ela, deben librar unha dura batalla contra a enfermidade con subsidios de 426 euros mensuais outorgados por este organismo.

 

 

Solicitan colaboración cidadá para atopar un Golf negro metalizado roubado en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

1604929 10203136487193426 352302827 nA Garda Civil está na procura dun turismo marca Golf 4, matricula 4930 BRB, de cor negro metalizado que foi roubado entre a noite do martes e madrugada do mércores da Rúa Rosalía de Castro na intersección coa Estrada pola Vía. O vehículo de tres portas ten unha pegatina a modo de circuíto de carreiras de cor branco e vermello situada no maleteiro. O damnificado, un mozo estudante e veciño de Nigrán, agradece calquera información reportando á Garda Civil de Baiona ou no teléfono gratuíto 112.1509190 10203136505273878 1043716663 n

“Se non nos mata o cancro vainos a matar a fame”: A loita dos pacientes de cancro ingresa no Congreso dos Deputados.

Correo-e Imprimir PDF

UFyabaVfDYEvHyp-556x313-noPad-Unha paciente galega e no paro é a autora dunha iniciativa de Lei presentada ante o Congreso dos Diputados para evitar a exclusión social das persoas afectadas por cancro. A causa pode ser acompañada pola cidadanía asinando o petitorio "No a la exclusión social por el cáncer" no sitio change.org .
Milleiros de pacientes con cancro están no paro ou malamente sobrevivindo con subsidios de 426€ no mellor dos casos. A dura loita contra a enfermidade deben enfrontarlla nos límites da exclusións social, e pelexando contra as Administracións do Estado, máis preocupadas en cumprir cos obxectivos das políticas de recortes sociais que en atender as súas necesidades. Realidade doada de comprobar con só ler algúns dos artigos do portal "La vida no sigue igual" no que Beatriz Figueroa, una galega afectada por esta doenza, dá conta da loita que está a desenvolver dende hai tres anos para sobrevivir á enfermidade e á fame.

Unha unidade móbil da ITV para ciclomotores visitará Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

itv-moto-2Unha unidade móbil da ITV para ciclomotores desprazarase a Nigrán os próximos días 27 e 28 de febreiro para realizar inspeccións técnicas periódicas de ciclomotores, motocicletas e quads. O dispositivo de inspección técnica instalarase en Campo das Redes, de 9.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00 horas o xoves 27 e de 9.00 a 13.30 horas o venres 28. As persoas interesadas en concertar unha cita poderán realizar a través da páxina Web www.sycitv.com ou no teléfono 902 309 000.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL