Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Nigrán abre a inscrición para o concurso de comparsas do Entroido 2014.

Nigrán abre a inscrición para o concurso de comparsas do Entroido 2014.

Correo-e Imprimir PDF
mascara-carnaval-gesso

-As inscricións poderán formalizarse até o 21 de febreiro, en horario de 10.00 a 14.00 horas no rexistro municipal.

-O desfile terá lugar o sábado 1 de marzo na Avda. Praia América a partir das 17 horas.

-O Enterro da sardiña se celebrará o mércores 5 de marzo a partir das 19 horas.

-Talleres infantís, concurso de disfraces para nenos e o enterro da sardiña completan a programación municipal para este Entroido.

O Concello de Nigrán abre o prazo de inscrición para o concurso de comparsas do Entroido 2014, que terá lugar o sábado 1 de marzo na Avda. Praia América, a partir das 17.00 horas. Poderán participar no concurso todas as comparsas que conten entre os seus integrantes cun mínimo de quince membros adultos, aínda que para poder optar aos premios deberán inscribirse previamente no Rexistro municipal.

As persoas interesadas en participar poderán formalizar as inscricións até o próximo 21 de febreiro incluído, en horario de 10.00 a 14.00 horas, presentando no Rexistro municipal todos os formularios correctamente cumprimentados, que poderán recoller no Departamento de Cultura ou descargar da páxina web municipal.

O concello repartirá 2.850 euros en premios entre o nove mellores comparsas participantes. Neste sentido, lémbrase que aquelas comparsas que non estean inscritas pero desexen participar, poderán facelo pero non terán opción a premio. Así mesmo, concederase a aquelas comparsas pertencentes a asociacións culturais e ou veciñais inscritas no rexistro municipal de asociacións unha dotación adicional de 300 euros por colectivo.

Máis programación

O goberno municipal complementará a programación do Entroido 2014 coa celebración de talleres infantís baixo o slogan “A procura do tesouro”, que terán lugar no Pavillón Municipal de Panxón a partir das 17.00 horas e un concurso infantil de disfraces o día 4, tamén no pavillón e á mesma hora, con máis talleres e inchables gratuítos para os máis pequenos.

Enterro da sardiña

Para despedir o entroido, Nigrán celebrará o tradicional enterro da sardiña o mércores 5 a partir das 19.00 horas, na contorna da Ramallosa. O goberno convida aos cativos da casa a colaborar na organización do enterro, participando nuns talleres infantís que se celebrarán no Centro Comercial da Ramallosa do 17 ao 21 de febreiro, a partir das 17.00 horas.