Luns, 13 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade

Sociedade

Concentración no MARCO en repulsa polo asasinato por violencia machista de dúas mulleres en Cervo

Correo-e Imprimir PDF

A Coordinadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres convoca a unha concentración de repulsa polo asasinato de Adela Ramos, de 72 anos e María José Suáres López, de 45 anos polo seu xenro e compañeiro respectivamente na súa casa de Cervo (Lugo). A mesma terá lugar este xoves 16 de xaneiro ás 19:30 horas diante do MARCO de Vigo.
A Coordinadora convoca á sociedade a saír á rúa para manifestar a súa indignación e "rexeitar o cruel asasinato de Adela e María José e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra nós polo simple feito de selo"

O domingo 2 de marzo terá lugar o “Gran Desfile de Comparsas” do Entroido de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

comparsa-manhufe-O Concello de Gondomar acordou este martes as bases reguladoras do concurso de comparsas e carrozas do Entroido 2014 presentada polo concelleiro de Cultura, Ignacio Troncoso , que contará este ano cun premio de 700€ para o grupo gañador, 600€ e 500€ para o 2º e 3º, doce axudas por valor de 400€ para comparsas e un premio especial de 300€ para a mellor carroza.
-As inscricións para as comparsas interesadas en participar están abertas ata o 15 de febreiro e poden descargarse ao final deste artigo.
-O "Gran Desfile de Comparsas" do Entroido 2014 terá lugar o domingo 2 de marzo a partir das 16 horas.

Buscan a un home desaparecido na parroquia de Estás en Tomiño

Correo-e Imprimir PDF

scale-O home, de 79 anos, non regresou onte á súa casa tras saír a pasear
A familia coa que reside desde hai 30 anos, José Álvarez Vila, búscalle desesperadamente desde onte ao mediodía. A esa hora saíu do seu domicilio na parroquia tomiñesa de Estás e xa non regresou. Adoitaba pasear durante horas pero a familia desconfiou ao ver que anoitecía e non volvía. A Garda Civil peitea a zona en colaboración coa policía local. A familia cre que se desorientou e teme que se accidentara. Mide 1,50 metros, é introvertido e viste pantalón gris, chaqueta polar de cadros, visera amarela e lentes de pasta negra. Calquera dato pode ser notificado ao 062. A familia agradece a colaboración cidadá.

Cunha xornada de xogos populares pecha o campamento de Nadal no CEIP Chano Piñeiro de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

gondonadal-2013- O campamento GONDONADAL, organizado polo Concello de Gondomar, desenvolveuse dende o pasado 23 de decembro coa participaron 30 nenos e nenas de entre 3 e 8 anos nas instalacións do CEIP Chano Piñeiro.

A OMIX de Baiona oferta as últimas prazas para un curso gratuíto de fotografía.

Correo-e Imprimir PDF

joven-con-camaraA OMIX do Concello de Baiona e a Deputación de Pontevedra, organizan un 2º curso de Fotografía de 40 horas de duración,a través do programa provincial Actívate.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL