Luns, 13 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade

Sociedade

O temporal previsto para a fin de semana obriga a modificar o percorrido da Cabalgata de Reis en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Nigrán informa que as previsións meteorolóxicas previstas para este fin de semana obrigan a modificar a planificación orixinal da Cabalgata de Reis, prevista para este domingo 5 de xaneiro, coa eliminación da ruta previa polas sete parroquias do municipio.

O IMSERSO subvencionará estancias de ate 12 días en balnearios.

Correo-e Imprimir PDF

O IMSERSO organiza o Programa de Termalismo Social que proporciona aos pensionistas da Seguridade Social con 60 anos cumpridos tratamentos termais a prezos reducidos en balnearios de todo o territorio nacional. Como novidade, este ano ofreceranse estancias de 10 e 12 días de duración.

Concentración de repulsa ante un novo caso de violencia machista no MARCO de Vigo.

Correo-e Imprimir PDF

Marco-Vigo-01rA coordinadora comarcal da Marcha Mundial das Mulleres convoca unha concentración de repulsa contra a violencia machista para este luns 30, ás 20:00 horas fronte ao MARCO de Vigo pola morte de María Isabel Pérez (45 anos), veciña de Marín, presuntamente asasinada polo seu compañeiro o pasado xoves 26 de decembro.
A Marcha Mundial das Mulleres pide que "a indignación de toda a sociedade saia á rúa para rexeitar o cruel asasinato de Isabel e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra nós polo simple feito de selo"

A Xunta pagará 75 millóns ao ano a Povisa, o centro que lastra as listas de espera do SERGAS

Correo-e Imprimir PDF

Fachada do hospital POVISASOS Sanidade critica a "enorme subvención" que cobrará a clínica viguesa durente, polo menos, oito anos, malia que se está a construír un hospital público.

O PP eloxiu a POVISA pese a recoñecer que é un lastre que leva anos lastrando as listas de espera do SERGAS chegando incluso a ser investigadas polo Valedor do Pobo.

O anuncio do venres de renovación do convenio entre a Xunta e Povisa non convence á Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (SOS Sanidade Pública). A plataforma carga contra un acordo que prorroga outra década o concerto con esta empresa privada, malia que en Vigo leva varios anos intentándose construír un novo hospital público.

A Escola Infantil As Dunas de Panxón abre un Mercadiño Solidario para colaborar con Cáritas de San Pedro da Ramallosa.

Correo-e Imprimir PDF

mercadinho-solidarioPor segundo ano a EEI As Dunas de Panxón abre as súas portas cun "Mercadiño Solidario" ca fin de recadar fondos para o centro Cáritas de San Pedro da Ramallosa. No mesmo se poden adquirir a prezos populares adornos de Nadal, xabóns, doces e diversos obxectos confeccionados polos alumnos de 3 a 5 anos, que concorren ao centro.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL