Martes, 3 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Concentración de repulsa ante un novo caso de violencia machista no MARCO de Vigo.

Concentración de repulsa ante un novo caso de violencia machista no MARCO de Vigo.

Correo-e Imprimir PDF
Marco-Vigo-01r

A coordinadora comarcal da Marcha Mundial das Mulleres convoca unha concentración de repulsa contra a violencia machista para este luns 30, ás 20:00 horas fronte ao MARCO de Vigo pola morte de María Isabel Pérez (45 anos), veciña de Marín, presuntamente asasinada polo seu compañeiro o pasado xoves 26 de decembro.
A Marcha Mundial das Mulleres pide que "a indignación de toda a sociedade saia á rúa para rexeitar o cruel asasinato de Isabel e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra nós polo simple feito de selo"

O Xulgado de garda de Marín decretou o ingreso en prisión comunicada e sen fianza para o home detido en relación á morte da súa parella que foi achada sen vida na súa casa o pasado xoves. Segundo a versión recollida este domingo polo xornal Faro de Vigo, o detido recoñeceu os feitos ante a Policía Nacional o día sábado mais non o fixo ante o xuíz o pasado domingo.