Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade A Escola Infantil As Dunas de Panxón abre un Mercadiño Solidario para colaborar con Cáritas de San Pedro da Ramallosa.

A Escola Infantil As Dunas de Panxón abre un Mercadiño Solidario para colaborar con Cáritas de San Pedro da Ramallosa.

Correo-e Imprimir PDF
mercadinho-solidario

Por segundo ano a EEI As Dunas de Panxón abre as súas portas cun "Mercadiño Solidario" ca fin de recadar fondos para o centro Cáritas de San Pedro da Ramallosa. No mesmo se poden adquirir a prezos populares adornos de Nadal, xabóns, doces e diversos obxectos confeccionados polos alumnos de 3 a 5 anos, que concorren ao centro.

O mercadiño xa recibiu a visita de pais e veciños durante esta xornada do mércores, na que tamén fixéronse presentes o alcalde de Nigrán, Alberto Valverde e a concelleira Carmen Alonso-Macías. A iniciativa solidaria que permitiu recadar case 700 euros na primeira edición, poderá ser visitada este xoves de 8:45 a 13:45 e de 16 a 18 horas no local da escola situada na Rúa Gondomar, 9 de Panxón.