Luns, 13 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade

Sociedade

VIDEO "Axúdame, eu non sei se podo esperar até mañá."

Correo-e Imprimir PDF

Vídeo de JednaUnha muller graba unha imaxe diaria durante un ano para amosar a realidade oculta en moitos fogares azotados pola lacra da violencia machista. O final do vídeo non deixa indifetente a ninguén "Axúdame, eu non sei se podo esperar até mañá." .

Vigo tínxese de lila en demanda do dereito ao aborto

Correo-e Imprimir PDF

Faixa principal da manifestación, da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto - @aljo_fariasVarios centos de persoas, dúas mil segundo a organización, marcharon este domingo polas rúas de Vigo en reivindicación do dereito da muller a decidir sobre o seu corpo e a súa sexualidade. Unha marea lilá camiñou, nunha mañá de calor, propicia para encher as praias, deixando claro o forte rexeitamento social que esperta o recorte do dereito ao aborto que implicaría a aprobación do proxecto deseñado polo Ministerio de Xustiza. Todo nunha semana na que o Goberno acelerou os trámites legais e consultivos da contrarreforma (o venres o Poder Xudicial aprobou o seu informe, e o mércores a lei pasou polo Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde), para deixala durmir até setembro, cando se iniciaría o seu debate no Congreso.

As comisións de festas terán que solicitar unha licenza municipal para os escenarios das orquestras.

Correo-e Imprimir PDF

morgadanes3Está sendo moi sonado estes días o apartado C do artigo 41 da lei 9/2003, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, que afecta moi negativamente ás comisións de festas. Este artigo sinala que "a celebración de espectáculos e actividades extraordinarias e, en todo caso, os que requiran instalacións de escenarios e estruturas móbiles estarán sometidas á obtención de licenza". É dicir, para armar unha festa, unha verbena, terase que presentar un proxecto completo, asinado por técnico competente, para solicitar o evento, no que se determine o axuste das festas á normativa urbanística e sectorial, e que estableza determinacións sobre prevención e seguridade en incendios. Un paso para que non están preparadas o gran número de comisións de festas do país.

O Comité de Empresa da TVG critica a emisión das fotos de Asunta na canle pública

Correo-e Imprimir PDF

112tvgO pasado 4 de xuño o programa Galicia112, emitido pola TVG, difundía en exclusiva unhas novas e polémicas imaxes de Asunta Basterra, a nena que apareceu asasinada o pasado mes de setembro en Teo. As fotografías, cualificadas de "duras","escabrosas" ou "macabras" foron reveladas en exclusiva por este espazo, responsabilidade da produtora Pórtico, e despois repetidas en xornais e programas de televisión de toda España. Tamén, con insistencia, nos informativos da propia TVG.

“Bai.senpulgas”: Iniciativa veciñal na procura dunha protectora de animais no Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF

abdoggPreséntanse como un grupo de veciños de Baiona e contorna que dende hai tempo dedícanse a axudar animais en situación de risco ou abandono. Agora desexan dar un paso máis e organizarse coa finalidade de constituír unha protectora que abrangue a todo o Val Miñor e así estender o servizo en mellores condicións. "Bai.senpulgas" é o nome deste colectivo a prol dos "peludos" e convocan este domingo 7 de xuño a unha asemblea aberta a toda a veciñanza interesada no tema. A mesma terá lugar ás 12 horas no Casino de Sabarís.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL