Domingo, 28 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade “Bai.senpulgas”: Iniciativa veciñal na procura dunha protectora de animais no Val Miñor

“Bai.senpulgas”: Iniciativa veciñal na procura dunha protectora de animais no Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF
abdogg

Preséntanse como un grupo de veciños de Baiona e contorna que dende hai tempo dedícanse a axudar animais en situación de risco ou abandono. Agora desexan dar un paso máis e organizarse coa finalidade de constituír unha protectora que abrangue a todo o Val Miñor e así estender o servizo en mellores condicións. "Bai.senpulgas" é o nome deste colectivo a prol dos "peludos" e convocan este domingo 7 de xuño a unha asemblea aberta a toda a veciñanza interesada no tema. A mesma terá lugar ás 12 horas no Casino de Sabarís.

O obxectivo desta xuntanza e procurar apoios e voluntariado que faga realidade a creación deste espazo alternativo ás malogradas canceiras que ata de agora traballaron na zona. Para iso durante a reunión se entregarán uns folletos explicativos sobre as características do grupo e a misión que desexan desenvolver.