Domingo, 28 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Trece cativos saharauís comezan a facer amigos no Val Miñor.

Trece cativos saharauís comezan a facer amigos no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF
visita-saharauis-2

Son un total de 13 nenos e nenas, de entre 7 e 12 anos, que dende onte fican no Val Miñor. Deles, 5 residirán con familias de Gondomar, 6 en Nigrán e 2 en Baiona. Enrique Porto, fornecedor do programa Vacacións en Paz e delegado da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui na bisbarra, agradeceu especialmente a colaboración do Concello de Gondomar con este programa. "Todos os anos recíbennos cos brazos abertos e axúdannos en todo o posible", afirma. "Aínda que xa son moitos os anos que levamos con este programa –máis de 20- , o apoio non decae. Cada ano renóvanse as familias de acollida e a maioría delas repite experiencia", apunta Enrique Porto. Este ano, un total de 320 nenos e nenas saharauís pasarán os meses de verán en Galicia.


"Vacacións en paz" persegue, ademais de facer novos amigos, proporcionar asistencia médica aos cativos durante os dous meses de estancia en Galicia, a través dun convenio co SERGAS. O período de convivencia o fan con familias acolledoras do país que encárganse do seu aloxamento, alimentación e lecer durante a estadía.
Cómpre destacar que os meses de verán, que son os que os nenos pasan no Val Miñor, no deserto do Sahara as condicións acadan dimensións extremas, con temperaturas que poden pasar dos 50 graos centígrados.
Na mañá o luns os novos veciños foron recibidos "oficialmente" por Gondomar nunha visita que fixeran á Casa Consistorial. Na mesma foron recibidos polo alcalde Fernando Guitián e mais a concelleira de Benestar Social, Patricia Durán.