Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade

Sociedade

6.000 nenos de 0 a 3 anos están sen praza na escola pública

Correo-e Imprimir PDF

Nenos nun comedor xestionado pola Cruz VermellaO grupo parlamentar de Alternativa galega de Esquerda (AGE) acusa á Xunta de Galicia de deixar fóra da etapa de 0 a 3 anos nas escolas infantís públicas a un total de 5.823 nenos e nenas. Trátase dun anuncio sorprendente, pois a semana a Consellería de Benestar dixo que no noso paí shai sobres 1.000 prazas para os máis cativos.

Unha xanela a novas formas de convivir: a Feira Imaxinaria abre as súas portas este venres en Valadares.

Correo-e Imprimir PDF

feira imaxinaria"Si queres cambiar ao mundo, cámbiache a ti mesmo" dixo "O Bapu", Mahatma Gandhi e aos 24 anos fixo da áhimsa (no violencia), unha ferramenta alternativa para enfrontar as inxustizas. Un século largo despois milleiros de persoas seguen a procurar modelos de acción e convivencia alternativos convencidos que "outro mundo é posible". Algúns practican a vida comunitaria, outros producen e intercambian baixo modelos solidarios e forman redes onde predomina o troco, tamén están os que traballan no eido das novas tecnoloxías con licenzas e protocolos de libre acceso, e máis. Moitos deles son veciños de Baiona, Gondomar e Nigrán. O vindeiro venres 29 de agosto aterrarán na veciña Valadares, no recinto do Alg-a Lab para intercambiar experiencias e compartir información con outros tantos que se achegarán da área metropolitana de Vigo e o resto do país. Chaman ao encontro "A Feira Imaxinaria". E durante tres días farán iso, imaxinar novas estratexias para superar a crise globalizada que non só resta cartos, tamén calidade de vida.

Concentración de repulsa ante unha nova vítima mortal da violencia machista en Galicia.

Correo-e Imprimir PDF

asasinato monicaUn novo presunto caso de violencia machista sacude a Galicia despois que na mañá do luns se localizara no municipio de Barro o corpo sen vida de Mónica Lorenzo López, de 38 anos e o do seu home, Daniel Carballal Moldes, de 48. Segundo dá conta Galicia Confidencial, o home realizou unha chamada na que afirmaba ter asasinado a súa muller dun disparo na cabeza e dixo que tamén el se ía quitar a vida. De confirmarse este extremo, sería a vítima número 37 en España no que vai de ano e a sexta na Comunidade galega. Este martes ás 20 horas terá lugar unha concentración de repulsa diante do MARCO de Vigo convocada pola Coordinadora  da Marcha Mundial das Mulleres.

Detido por suplantar ao seu irmán na proba teórica para o permiso de conducir en Vigo.

Correo-e Imprimir PDF

examen-teorico-dgtOs feitos sucederon na Xefatura Provincial de Tráfico de Vigo cando compoñentes de devandito Subsector acudíronse para comprobar a identidade dunha persoa ao existir indicios que a que ía realizar o exame teórico para obter o permiso de conducir non era a solicitante da devandita proba. Tras finalizar o exame en nome de S.O., solicitouse á persoa que o realizou a súa identificación, mostrando o permiso de residencia co mesmo nome que figuraba no exame realizado e dicindo ser dita persoa. Ante os indicios de que esa non era a súa identidade trasladouse ás dependencias oficiais do Posto da Garda Civil de Vigo onde se comprobou que se trataba de G.O, posuidor de permiso de conducir español e que polo tanto realizara a citada proba suplantando a identidade do seu irmán para que este obtivese fraudulentamente a referida autorización.

O número 9597 é o gañador do sorteo da comisión de festas de San Cristovo de Couso.

Correo-e Imprimir PDF

No sorteo do cheque de 300 euros da comisión de festas de San Cristovo de Couso, resultou gañador o número 9597. Número que corresponde coas catro últimas cifras do primeiro premio da lotería nacional celebrada o 7 de agosto e non do 4 de agosto como figuraba por erro involuntario nas rifas, segundo informa a devandita comisión.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL