"É un servizo esencial porque vela pola protección das persoas e do patrimonio e, ao mesmo tempo, supón un aforro de cartos importante para os tres concellos", argumenta González.
O Concello de Nigrán, co seu alcalde Juan González ao frente, estrea mañá a súa presidencia da Xunta da Mancomunidade do Val Miñor coa única proposta da orde do día de prorrogar, se procede, a actividade do GES (Grupo de Emerxencia Supramunicipal) ata o 31 de decembro de 2018 grazas a nova proposta de convenio supramunicipal. Nigrán ostenta dende o 1 de xaneiro a presidencia e o fará durante todo o ano 2016. Como é habitual, a Xunta terá lugar no Salón de Plenos da Casa Consistorial do Concello de Baiona ás 13.30 horas.
A Mancomunidade suscribiu o 1 de xullo de 2013 a súa adhesión ao convenio de colaboración entre Xunta e Federación Galega de Municipios e Provincias en materia de emerxencias e prevención e defensa contra incendios forestais, o que na práctica significou o nacemento do GES coa contratación de seis persoas ata fin de 2015 (a Mancomunidade prestaba servizo deste tipo dende marzo de 2008 a través do Concello de Nigrán co desaparecido GRUMIR). Sen embargo, o retraso na firma da prórroga do convenio entre Xunta, Deputacións e Fegamp significou que ata o día 29 de decembro (dous días antes da finalización dos contratos) a Mancomunidade estivese pendente da súa renovación, provocando a inseguridade laboral do persoal adscrito.
"Para nos é un servizo esencial porque vela pola protección das persoas e do patrimonio colectivo ou ambiental e, ao mesmo tempo, supón un aforro de cartos importante para os tres concellos, que co GES garanten o mellor posible dos servizos aos seus veciños", argumenta González.
A adenda ao novo convenio que terá vixencia ata 2018 exténdese a 24 concellos de toda Galicia, entre eles os tres do Miñor. Cada GES estará formado por 12 efectivos que serán financiados pola Xunta cun custo anual de 169.000 euros. No caso do Val Miñor, 6 dos empregados son persoal laboral indefinido (según sentenza 54/2011 do Xulgado do Social) e os outros seis teñen contrato temporal por obra ou servizo.
Como se sinalou anteriormente, a proposta de convenio reflexa un custo total do GES Val Miñor de 169.000 euros, dos cales 116.115 €/año son aportados vía subvención, ao marxe da outra axuda que concede a Consellería de Presidencia para os gastos de funcionamento (aproximadamente 20.000 €/año).