Un incendio ás 3:00 horas da mañá do sábado, nun transformador da central de Telefónica (Movistar) en A Ramallosa provoca un apagón nas comunicacións que dura xa 13 horas.
O corte de comunicacións afectou mesmo ao equipo de emerxencia de protección civil que non contan con emisoras directas coa Garda Civil e teñen que realizar as chamadas de emerxencia por teléfono móvil.
Pese a que a centralita que ardeu pertence a Movistar o certo é que clientes de outras operadoras que utilizan a infrastructura da compañía tamén quedaron sen servizo. No caso da telefonía fixa afectou a Yoigo e no caso dos conexións ADSL segue afectando a todas as compañías execto aquelas que contan con cableado propio como o caso de R en Baiona centro.
O alcalde de Nigrán manifestou a Europa Press que as comunicacións restableceléronse por completo ás 15h. Dende valminorinfo puidemos comprobar que non é certo, e constatamos como seguen sen servizo de comunicación varios hoteis da zona e mesmo esta propia redacción.
A compañía non ofrece máis detalles da incidencia e non determinan o tempo no que quedará resolto o problema.
Segundo apuntou Protección Cilvil Val Miñor a EP, o icendio tardou dúas horas e media en extinguirse. Protección Civil mesmo non puido comumicarse dende o lugar dps feitos cos efectivos da Garda Civil debido ao apagón das comunicacións.
Un só bombeiro no Val Miñor.
O Val Miñor conta só cun bombeiro por turno no Val Miñor. Esra situación prolongarse ate o 13 de agosto, a apenas un mes da finalizacion da tempada de verán.
Os aspirantes comezaban hoxe as probas de selección.
Actualización.
As comunicacións quedaron restablecidas ás 18:45h