Unidades do parque de bombeiros de Vigo desprazáronse na tarde de onte a Nigrán para sofocar as chamas no almacén de alimentación situado na estrada de Ramallosa a Gondomar. Os bombeiros precisaron dúas horas para sofocar o incendio e ventilar a nave.
A pesar da gran columna de fume que podía verse dende todo o Val Miñor, non houbo que lamentar danos persoais e a estrcutura exterior da nave non presentaba danos aparentes.
De momento descoñécense as causas do incendio.
Dim lights Embed Embed this video on your site