Atlántico Diario fai público o compromiso do presidente de turno da mancomunidade, Jesús Almuiña, de arranxar a motobomba forestal do GES do Val Miñor
A dotación asistiu novamente a un incendio o pasado martes sen medios para extinguir o lume que finalmente devorou a casa dunha familia en Camos.
A presión social exercida nas últimas semáns ante a evidente falta de medios contraincendios no Val Miñor quedará saldada coa promesa da reparación do motor do camión contraincendios do GES do Val Miñor nun prazo aproximado de dez días.
Para chegar a este anuncio feito público polo presidente da Mancomunidade do Val Miñor o pasado sábado no Diario Atlántico, fixo falta media ducia de incendios en vivendas que puxeron de manifesto a precaridade do GES e a insuficiencia da cobertura prestada polos bombeiros de Porriño.
O pasado martes o último incendio devoraba unha casa en Camos logo de que os efectivos do GES non puidesen facer nada para minizar os danos pese a que acudiron ao lugar do sinistro en 10 minutos. A auga das mangueiras dos bombeiros chegaron 90 minutos despois dende o parque de Porriño, cando xa nada se podía facer máis que enfriar o chan para apagar as brasas.
Mangueiras de xardín e sulfatadoras.
A carencia de material contra incendios tamén puxo en evidencia o descoñecemento total dos responsables locais no relativo ao estado e carencias do servizo. O 23 de decembro o alcalde de Nigrán e presidente da mancomunidade, defendíase ante as críticas pola falta de medios do GES asegurando que o GES dispoñia dun vehículo lixeiro cunha bomba de auga para pequenos incendios, e anunciaba a apertura dunha investigación para determinar se houbo algunha neglixencia na prestación do servizo.
Daquela investigación nada trascendeu mais o que si trascendeu foi a confirmación da precariedade existente neste corpo de emerxencias constatando que os únicos medios para combatir o lume que dispuña o GES do Val Miñor eran unha sulfatadora.
Pese ás críticas, Valverde aseguraba en decembro que o GES contaba cun "refuerzo especial" do parque de bomberos de Porriño para cubrir as necesidades do Val Miñor mentras non se atopaba unha solución para o problema da motomba. A realidade quedou en evidencia o pasado martes na actuación en Camos, cando os bombeiros de Porriño tardaron en acudir ao indencio sesenta minutos, cando xa non quedaba prácticamente nada que apagar.
As posibles neglixencias.
Lonxe de que os profesionais do GES poideran cometer algunha neglixencia no desempeño do seu exercicio, empresas de seguros si que se entende unha posible neglixencia por parte da mancomunidade. En concreto unha aseguradora mantén un litixio contra a mancomunidade logo de que o vehículo dun asegurado ardese na praia de Patos o pasado ano sen que os efectivos de emerxencias que acudiron ao sinistro contasen con equipo de extinción. Unha situación que provocou o calcinamento do vehículo valorado en 50.000 euros e que agora a aseguradora reclama á mancomunidade.
En dez días arranxado.
Almuiña promete ter o camión arranxado e dispoñible en en dez días máis ou menos.