Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Os operativos contraindencios da Xunta tardan 2 horas en chegar a un incendio en Priegue

Os operativos contraindencios da Xunta tardan 2 horas en chegar a un incendio en Priegue

Correo-e Imprimir PDF
O camión cisterna da Xunta tardou 2 horas en chegar ao incendio

"Un golpe de sorte" e a actuación veciñal foi o que evitou non ter que lamentar danos maiores no incendio declarado na tarde do domingo en Priegue. 

A intervención dos veciños evitou a progagación do lume, ante a falta de medios da Xunta de Galicia para apagar o lume.

A tarde do domingo puido ser unha tarde de traxedia se non fose pola intervención dos veciños da parroquia de Priegue en Nigrán. Pasadas ás 21h o servizos de emercias recibían o aviso dun incendio en Priegue. A zona de matorral aledaño a unha vivenda comezara a arder. Os veciños afanáronse a apagar o lume eles mesmos ávista de que o retén forestal non chegaba ao foco do lume. Así pasou 1 hora ata que apareceu o primer retén e 1 hora máis tarde chegaría o camión cisterna. 

O Val Miñor leva máis de un ano sen servizo de emerxencias, GRUMIR, que só conta cun operario por turno o que imposibilita que poidan prestar este tipo de servizos en incendios ou intervenciósn en accidentes de tráfico, onde a rapidez das intervencións e o tempo son a clave para salvar unha vida ou para que un incendio non se extenda no seu inicio.

Dim lights Embed Embed this video on your site