O Servizo de emerxencias do Val Miñor continuarán cun só axente por garda. A decisión foi manifestada no día de onte polo presidente de quenda da Mancomunidade, o alcalde de Baiona Jesús Vázquez Almuíña, e apoiada polos seus pares de Gondomar e Nigrán, segundo manifestaron os catro membros do ex GRUMIR Val Miñor, despedidos en abril pasado.
Os traballadores intentaron chegar a un acordo coa administración renunciando a 30 mil euros que o Xulgado do Social Nº1 de Vigo ordenou pagarlles por despedimento improcedente, a cambio de retornar a seus postos de traballo. A iniciativa permitía que o devandito servizo tivera dous axentes por quenda á vez que a súa renuncia pecuniaria equivalía a case medio ano do seus soldos, ademáis do aforro das dietas dos voluntarios de Protección Civil.
A administración mancomunda alegou problemas económicos para denegar a proposta. Tamén reiterou que o obxectivo segue a ser a instalación dun parque de bombeiros financiado pola Deputación de Pontevedra.