Martes, 15 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Veciños e bombeiros sofocan o incendio dunha casa en Vincios con mangueiras de xardín

Veciños e bombeiros sofocan o incendio dunha casa en Vincios con mangueiras de xardín

Correo-e Imprimir PDF
Imaxe arquivo, GRUMIR nunha intervención no Val Miñor

Os feitos aconteceron a pasada madrugada, pasadas ás 23:30h, cando o GES recibía aviso da posible explosión dunha caldeira nunha casa particular no barrio de A Rocha, en Vincios.

Os dous axentes do GES do Val Miñor de servizo acudiron cun vehículo-lixeiro á chamada de alerta, dando aviso previo aos bombeiros de Porriño dada a presumible entidade do sinistro.

Á chegada dos efectivos do GES, os veciños xa tiñan controlado o lume con varias mangueiras de xardín, e quedaba desbotada a hipótese inicial da explosión da caldeira como a do incendio. O lume orixinouse no faiado da casa onde gardaban roupa e mobles,  presumiblemente causado por unha curta ou falla eléctrica.

O GES refrescou a zona das chamas coas propias mangueiras de xardín utilizadas polos veciños  ante a falta de medios de extinción que presenta o operativo de emerxencias.
Por sorte, non foi necesario a actuación dos equipos de bombeiros de O Porriño, dada a entidade do lume.