Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor O pleno da Mancomunidade do Val Miñor debaterá sobre o futuro do GRUMIR.

O pleno da Mancomunidade do Val Miñor debaterá sobre o futuro do GRUMIR.

Correo-e Imprimir PDF
Parte do equipo de traballadores do GRUMIR Val Miñor en desacordo coa proposta de Almuíña.

O desenlace final sobre o servizo de emerxencias para o Val Miñor e a sorte dos 12 traballadores en conflito coa presidencia da Mancomunidade resolverase no próximo pleno da entidade a desenvolverse o vindeiro xoves 24 de marzo. O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, que ocupa a presidencia da Mancomunidade, mantén a decisión de formar un equipo mixto composto de 6 funcionarios fixos complementado por voluntarios, ata tanto a administración provincial ou autonómica instale un parque de bombeiros na bisbarra. Pola súa banda, o BNG anunciou a súa oposición a soster un servizo con voluntarios e anunciou unha serie de charlas polas parroquias para informar sobre a situación que en materia de seguridade presenta nestes momentos o Val Miñor. Tamén o grupo de traballadores que se opón á solución de Almuíña mobilízase coa intención de acadar apoios de cara ás próximas instancias onde se debaterá o tema.

Catro dos doce traballadores do GRUMIR Val Miñor decidiran non aceptar a proposta de despido formulada pola Mancomunidade o pasado xoves, e defender os seus postos de traballos así como a conformación dun equipo acorde ás necesidades da bisbarra en materia de emerxencias. Esta postura provocou unha división interna no seno dos funcionarios pois 8 deles optaban por firmar o acordo segundo aconsellaban tanto os representantes legais da administración como do sindicato. Como os catro non cambiaban a súa decisión, durante o devandito acto de conciliación, os representantes legais da mancomunidade consultaron coa presidencia,a que resolveu dar por rotas as negociacións cos traballadores. Nese intre a proposta da administración era a dun despido onde se pagarían 45 días por ano traballado. Unha vez rematada a sesión, os traballadores foron informados que ao non arranxar “polas boas”, a administración cumpriría con retomarllos baixo ameaza de despedirllos inmediatamente pero agora baixo a nova normativa legal que baixa case a metade o monto a percibir por parte dos funcionarios.

Os traballadores manteñen a recolección de firmas na procura de fortalecer a súa posición, e recibiron nas últimas horas o apoio dos ex funcionarios do GRUMIR Redondela, tamén incertos nun conflito de similares características.