Un novo episodio xudicial afrontará o Concello de Gondomar en materia urbanística. O xustiza determinou que o ex alcalde Martín Urgal deberá comparecer este xoves como imputado para explicar os motivos polos cales afastou das súas responsabilidades urbanísticas ás técnicas municipais sustituíndolas por unha asesoría legal externa. Alfonso De Lis, ex concelleiro de urbanismo tamen foi citado como imputado polo Xulgado de Instrución Nº3 de Vigo aos efectos de brindar a súa versión dos feitos.
A Fiscalía de Medio Ambiente recibira tempo atrás as denuncias das funcionarias municipais afectadas pola medida, así como documentación probatoria. Tamén o BNG presentara outra dirixida a mesma Fiscalía e á Xunta de Galicia coa petición de investigar as licenzas outorgadas desde aquel momento.
En declaracións ao xornal Atlántico, Urgal manifestou que actuou en defensa dos intereses dos cidadáns, posto que había pendentes numerosas licenzas de construción e obras menores, e asegura que a decisión tiña como obxectivo favorecer o emprego en Gondomar. "Nosotros nos encontramos con el petate que ya venía de la etapa anterior, con peleas entre ellas y el arquitecto, y con una falta de diligencia total por parte de las funcionarias, que tenía sin despachar expedientes de los los últimos cinco años", afirmou.
Pola súa banda, Alfonso De Lis dixo ao mesmo medio que "Todas las licencias que hemos dado tienen los informes técnicos y jurídicos, están concedidas basándose en la normativa urbanística" .