Luns, 27 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Gondomar desbloquea a parálise urbanística e pon a disposición pública as delimitacións dos núcleos rurais.

Gondomar desbloquea a parálise urbanística e pon a disposición pública as delimitacións dos núcleos rurais.

Correo-e Imprimir PDF
fernando-guitian-alcaldia

O goberno de Gondomar deu un paso importante nesta xornada a prol de destrabar a parálise urbanística que afecta ao municipio dende hai máis de seis anos. A delimitación dos núcleos rurais do municipio, realizadas ao abeiro das normas subsidiarias e complementarias da provincia de Pontevedra de 1991, acadaron os informes favorables dos técnicos municipais (servizos xurídicos e arquitecto municipal) polo que os veciños poderán a partir do vindeiro luns consultar os expedientes administrativos relativos as súas propiedades co fin entre outros cometidos, de solicitar licencias.

 

Nese senso, o alcalde Fernando Guitián emitiu un Bando no que informa aos veciños que as delimitacións destes núcleos estarán a disposición do público nas oficinas do Departamento de Urbanismo e Medio Ambiente , e poderán ser consultadas de luns a venres en horario de 9 a 13 horas.

Ademais de fornecer a certeza xurídica no eido urbanístico, os devanditos informes dos técnicos municipais abren unha porta para solucionar a situación de decenas de veciños afectados por procesos xudiciais por mor das licencias concedidas en base a esta mesma normativa, pero con informes xurídicos externos durante a anterior administración municipal. Consultado o alcalde, este sinalou que o goberno estudará a forma de arranxar esta situación do xeito de que os afectados sufran "as menor das molestias posibles".