Luns, 27 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O alcalde de Gondomar reitera no pleno as dificultades para outorgar licenzas urbanísticas.

O alcalde de Gondomar reitera no pleno as dificultades para outorgar licenzas urbanísticas.

Correo-e Imprimir PDF
Campo_futbol

O alcalde de Gondomar Fernando Guitián reiterou no pleno as actuais restricións para dar licenzas urbanísticas no municipio ata que non se aprobe o Plan Xeral de Ordenamento Territorial. Informou que no seu mandato non se ten outorgadas e que aínda tardarán en resolverse as solicitadas naqueles núcleos que previa revisión dos seu expedientes e dos informes dos técnicos municipais sexa posible dalas. As declaracións do rexedor foron dadas a raíz dunha moción do BNG que solicitaba un acordo para que aqueles núcleos que estivesen en condicións de ser aproveitados fosen postos na oficina de urbanismo a disposición dos veciños.

En valoracións do concelleiro nacionalista Antón Araúxo, a moción foi presentada para rematar "coas duplas informacións e coas confusións de que si hai núcleos, que si non hai, etc". O líder do BNG Gondomar entendía que de aprobarse podíase ter " unha versión única, oficial e fundamentada da verdadeira situación urbanística de Gondomar". O concelleiro opinou que "Agora xa sabemos algo, e sabemos tamén que tanto o PXOM como a posta en marcha de licenzas nos núcleos vai para largo, pois neste tema hai que dicir que o Alcalde non quixo mollarse e non deu datas."