Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar A Mesa de Persoal de Gondomar denunciou novas amoestacións e inxurias ás Técnicas Municipais

A Mesa de Persoal de Gondomar denunciou novas amoestacións e inxurias ás Técnicas Municipais

Correo-e Imprimir PDF
A mesa de persoal do Concello de Gondomar denunciou acoso aos funcionarios.

Unha nova amoestación sufriu a Secretaria Municipal de Gondomar o pasado venres 25 de marzo. Esta vez le foi notificada a orden de suspensión “de toda apostila” nos documentos emitidos pola alcaldía, sobre todo en materia de urbanismo coa conseguinte imposibilidade de deixar calquera tipo de constancia. Afastada das súa responsabilidades en materia urbanística dende febreiro deste ano xunto coa Técnica de Administración a mesa sindical dos funcionarios afirmou que “Esta situación é semellante á que viviron as dúas funcionarias co goberno do Sr. Silva Mariño, cando foron requiridas para que informasen consonte a un Plan Xeral Nulo de pleno dereito “, e agregaron que “grazas a non facelo, hoxe seguen prestando servizos na Administración Pública e o Sr. Silva Mariño foi primeiro imputado e despois inhabilitado por ditos feitos.” A mesa sindical sinalou en rolda de prensa que “As actitudes do goberno e a forte presión política sobre as técnicas se volta a repetir”.

Calumnias e inxurias sen probas, apartamento e relevo de funcións, amoestacións, acoso permanente, presións e ameazas con expedientes disciplinarios, son algunhas das situacións ás que están expostos os funcionarios do Concello de Gondomar que disenten coa vontade dos concelleiros de goberno, segundo denunciou o comité de empresa dos funcionarios municipais. As declaración foron formuladas en resposta ás declaracións do alcalde Martín Urgal e mais os concelleiros de goberno durante a fin de semana, na que responsabilizaban á Secretaria Municipal e á Técnica de Administración de obstrucionismo. Os funcionarios manifestaron que eles “deben servir ós intereses xerais” e non “ó intereses particulares do Sr. Alcalde”, e por iso fixeron un chamado aos organismos competentes para que tomen accións en defensa “da seguridade xurídica, do interese público, da normativa legal e do funcionamento normal do Concello de Gondomar.”

Os traballadores denunciaron que o equipo de goberno utiliza o “factor sorpresa: presentación de propostas o mesmo día en que se convoca sesión da Xunta de goberno, de Comisión informativa, etc,” se dar tempo material á Secretaria para “advertir requisitos procesais para a adopción de ningún acto administrativo”. Tamén alertaron que existen problemas na custodias dos expedientes “motivados porque os membros do goberno levan ós seus despachos expedientes orixinais en contra das ordes da Secretaria Municipal e da Técnica de Administración Xeral. O que implica o incumprimento permanente de “instrucións de orde interno elaboradas desde Secretaría. “

A representación sindical defendeu o traballo e a “profesionalidade e a competencia” das Técnicas Municipais, recentemente afastadas das súas competencias en materia de Urbanismo, “á marxe e sen ter en conta o ordenamento xurídico aplicable”. Polo que informaron que “tramitar e incidir” actos administrativos en materia de urbanismo “é unha función de Fe Pública reservada á Secretaria como funcionaria con habilitación nacional”. Tamén a “LOUGA establece que o PXOM deberá ser informado polos servizos municipais”. O sindicato remata a súa argumentación informando que as funcións de tramitar expedientes e de emitir informes son funcións permanentes da Administración municipal reservadas a funcionarios para “garantir á independencia e imparcialidade”.

 

Negaron neglixencia da Secretaria Municipal na perda da subvención do coche para a Policía Local (denunciada polo alcalde Martín Urgal), pois aclaran que a funcionaria non ten obriga legal nin administrativa de consultar boletíns oficiais. Tamén no suposto informes equivocados cos que o goberno responsabilizou ás Técnicas da prexuízos na permuta dun terreo e nunha acción contra unha gasolineira de Vincios, o sindicato afirma que nunca existiron ditos informes, ni por parte da Secretaria Municipal nin da Técnica e Administración Xeral.

Por último, a mesa de persoal opinou que no Concello non existe tal “bloqueo administrativo” como afirma Urgal. Os funcionarios afirman que trátase duna xustificación para contratar os servizos dun asesor do goberno “a dedo”, en relación coa recente contratación por 6 meses do avogado José Martínez Torea por 17.500€ para cumprir as funcións que en materia urbanística correspondía aos servizos xurídicos do Concello, integrado polas devanditas Técnicas Municipais.