Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar A CIG esixe ás autoridades nacionais, autonómicas e xudiciais que actúen de oficio en Gondomar.

A CIG esixe ás autoridades nacionais, autonómicas e xudiciais que actúen de oficio en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
concello_gondomar

A Central Intersindical Galega (CIG) solicitou a intervención de oficio da Delegación do Goberno , da Xunta de Galicia e a Fiscalía para que actúen de oficio no caso do afastamento das técnicas municipais do Concello de Gondomar, por parte do alcalde Martín Urgal. A través do seu Secretario Comarcal Xosé Cabaleiro González, a CiG se solidarizou  coas funcionarias, " somos conscientes do acoso que dende hai meses está sendo sometido este por parte do Goberno municipal, co Sr. Alcalde ao seu fronte, como artífice, participe e encubridor".

A central sindical tampouco descarta presentar unha denuncia pola súa conta. Cabaleiro manifestou que "Unha cousa que este goberno inda non entendeu, pois é moi duro de mollera, é que os empregados municipais son iso, empregados municipais, non son empregados do Sr. Alcalde, inda que están as súas ordes, ordes que deben de estar sempre dentro o ordenamento xurídico, pois son estes os primeiros e máis interesados e defensores das leis, das leis que aproban os propios políticos."

A CIG fixo público o seu apoio ao Comité de Persoal do Concello de Gondomar e reafirmou o dito polo sindicalistas na súa rolda de prensa do pasado luns en canto " o funcionariado debe servir ós intereses xerais, (da cidadanía e non dos políticos), con sometemento pleno á lei e o dereito e sempre baixo o principio da obxectividade, e non ós intereses particulares do Sr. Alcalde, nin do alcalde nin de ningún concelleiro."