Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O candidato do PP Fernando Guitián afirma que a xente demanda que Urbanismo funcione.

O candidato do PP Fernando Guitián afirma que a xente demanda que Urbanismo funcione.

Correo-e Imprimir PDF
O candidato Fernado Guitián (PP) admitiu que Gondomar

Consultado pola situación que en materia de urbanismo vive o Concello de Gondomar,o candidato popular Fernando Guitián opinou que "os concellos ten que funcionar, porque se non o fan é malo, polo cal ten que buscar unha base legal que lles permita ir para adiante". Guitián afirmou non contar de momento cunha información detallada que lle permita opinar de xeito rotundo sobre a decisión do alcalde Martín Urgal de afastar das súas funcións en materia urbanística á Secretaria Municipal e mais á Técnica de Administración Xeral. Pero dixo que a súa filosofía é a de contar con equipos que involucren a todos: concelleiros de goberno, funcionarios e "si me apura" tamén a oposición. Mais o candidato popular admitiu que de ser certa a parálise provocada polos permanentes "informes negativos das funcionarias" en relación cos realizados polo Arquitecto Municipal "débense buscar as alternativas legais que permitan funcionar ao departamento urbanístico", porque segundo Gutián "Iso é o que demanda a xente".

Fernando Guitián aseverou que non mantivo de momento conversación algunha co alcalde Martín Urgal, e que solicitará información detallada aos concelleiros do PP sobre o tema. Tamén mostrouse preocupado pola "falla dunha plan xeral de ordenación", "unha base legal que permita traballar", algo que vive en carne propia pola súa condición de empresario . Informado por Valminor.info que ese é xustamente o argumento xurídico principal das funcionarias e o motivo do "castigo" da administración de Urgal, Guitián volveu soster que estudará a fondo o tema para pronunciarse nos próximos días.