Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Gondomar aproba 1.3 millóns de euros para provedores mais a Intervención di que non hai cartos.

Gondomar aproba 1.3 millóns de euros para provedores mais a Intervención di que non hai cartos.

Correo-e Imprimir PDF
O alcalde Martín Urgal afirmara o venres pasado que
Concelleiros nacionalistas Antón Araúxo, Pauliño del Río e mais Mª Luisa Tareixa Uxía, no pleno municipal de marzo.
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

A dúbida sobre si os provedores do concello de Gondomar cobrarán os seus créditos quedou no aire ao rematar o pleno celebrado este xoves 31 de marzo. A pesar da resolución favorable que outorga un recoñecemento extraxudicial de crédito por 1.300.000€ a tal fin, o BNG (que votou negativamente) informou que existe un informe da Intervención que asegura que" non hai cartos para pagar estas facturas". Este informe contradí ao alcalde Martín Urgal, quen asegurou a Valminor.info o pasado venres que "hai diñeiro para pagar". Rematado o debate, Pauliño del Río (BNG) acusou "aos doce magníficos" de acumular unha débeda de 2.5 millóns de euros nas arcas da corporación.

A moción presentada polo goberno tripartito foi criticada polo portavoz nacionalista Pauliño del Río quen asegurou que este recoñecemento conta cun informe contrario por parte da Intervención Municipal baseado na "ausencia de crédito", "a falla de tramitación administrativa", "incumprimento da Lei de contratos do sector público", "imputación de gastos que non deber ser soportados polo Concello" e a "falla de control e fiscalización previos." Esta enumeración de impedimentos levou ao portavoz nacionalista a afirmar que" Mais que un recoñecemento de facturas parece un catalogo de delitos económicos."

Na súa alegación, os nacionalistas informaron que a Intervención no seu informe advirte que "hai outro millón cen mil euros que pagar de facturas atrasadas que non se levaron a este Pleno".  E remata dicindo que se estas facturas se pagan contra o orzamento corrente de 2011 isto ”motivará unha nova insuficiencia de creto neste exercicio”. Del Río agregou que se a isto se suman os xuros de demora que a administración pública ten que pagar seguindo a Lei contra a morosidade, e que neste 1º semestre do ano 2011 é dun 11%, "estamos a falar de 104.000€ a máis."

Polémica polos 137.000€ do caso Gaseco.

Neste recoñecemento de facturas atopábase unha presunta débeda por case  140.000€ coa empresa de lixo Gaseco pendente dende o ano 2007.  A devandita nota tiña como orixe un desequilibrio financeiro da concesión que segundo informou o concelleiro José Cabaleiro (non adscrito), nun principio era reclamada por 180.000€ e grazas a unha consulta externa logrou rebaixarse a 137.000€. O que o goberno non mencionou no pleno é que a devandita débeda non foi recoñecida como tal nos informes de tres interventores distintos que pasaron nese intre pola corporación. Denunciado isto o concelleiro del Río expresou ironicamente:  "Conivencia co BNG! Funcionarios ao poder!", en alusión ao argumento que utilizara o alcalde na resolución para afastar das funciones de asesoramento xurídico ás técnicas municipais en materia de urbanismo.

O BNG acusa "aos doce magníficos" de levar o concello á banca rota.

O  BNG presentou unha moción na que se "convidaba"  ao goberno a "deixar o asunto sobre a mesa" ata xerar pola vía correspondente os créditos  necesario para abordar o recoñecemento extraxudicial de crédito de 1.300.000€, evitando así os prexuízos anunciados no informe da Intervención Municipal. A moción nacionalista foi rexeitada.

Xa sen posibilidade de cambiar a decisión do goberno, Del Río acusou aos concelleiros do tripartito, aos que chama "os doce magníficos", de deixar a súa pegada nas arcas municipais: "Débeda cós provedores de 2.500.000€ ata o día de hoxe, desequilibrio orzamentario e falla de capacidade de financiamento".