“A insignia que se lle entregou ao ex alcalde Jesús Vázquez Almuiña, tería que producirse no seo do Pleno Municipal, órgano de máxima representación democrática e que representa a todos os cidadáns de Baiona, nunca nunha comida de carácter privado”, sinala Rafael Lores, edil socialista da corporación.
O socialista refírese á distinción honorífica que se entrega aos ex concelleiros unha vez abandonan as súas funcións. A mesma tivo lugar nunha comida este mediodía na que participaron funcionarios e o equipo de goberno de Baiona como despedida ao agora conselleiro de Sanidade da Xunta, Vázquez Almuíña. A mesma tivo lugar no Monte Real Club de Yates.