Domingo, 23 Jul. 2017

Actualizado10:28:06 AM GMT

Estás en Baiona Esquerda Unida de Baiona asegura ter presentadas a maioría das iniciativas plenarias do mandato.

Esquerda Unida de Baiona asegura ter presentadas a maioría das iniciativas plenarias do mandato.

Correo-e Imprimir PDF
silvano iolanda

Esquerda Unida atribúese ter presentada a metade das iniciativas que o novo pleno da corporación de Baiona leva discutidas no que vai de novo mandato municipal. Tamén asegura ter formulada a metade das preguntas dirixidas ao equipo de goberno do total das presentadas polos grupos opositores. Estas cifras forman parte dun escrito informativo presentado pola agrupación municipal que ten por portavoz a Silvano Montes Sánchez. Informe que sinalan, comprometéronse a dar á cidadanía nas pasadas eleccións municipais ao finalizar cada ano.

Aseguran que neste tempo, nos 6 plenos ordinarios celebrados, "presentamos 7 mocions en solitario e 2 conxuntas das 14 presentadas en total por todos os grupos municipais".

Engaden que das 25 preguntas dirixidas ao equipo de goberno, por todos os grupos municipais, 14 corresponden a EU sendo a maioria delas recollidas da vencindade.

Dan conta da asistencia a 22 sesións da Mesa de Contratación e a 5 do PEPCHAB. "Iso en canto á actividade dentro do Concello", sinalan. "Fóra del, realizamos asembleas veciñais antes de cada pleno; mantivemos reunions con distintas asociacións e colectivos do municipio, e xa para rematar, nesta última campaña de eleccions xerais, participamos activamente en colaboración coas outras forzas políticas que conforman a coalición 'En Marea'".