Domingo, 24 Sep. 2023

Actualizado07:21:59 AM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

Propoñen 1 hora de aparcadoiro gratuíto no Aral para usuarios do Centro de Saúde de #Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

aparcadoiro aralA medida é iniciativa da agrupación municipal de Esquerda Unida Baiona e tamén quere beneficiar aos usuarios da Oficina de Emprego.

Sería só no horario da mañá e por unha hora. Os usuarios deberán acreditar que teñen necesidade de facer uso dos servizos, tanto do Centro de Saúde como da Oficina de Emprego situada en Baiona. A iniciativa parte de Esquerda Unida que a presenta en forma de acordo para se discutida no vindeiro pleno de Baiona.

Baiona acorda coa Xunta o financiamento das obras para mellora do camiño Portelos en Baredo.

Correo-e Imprimir PDF

portelos caminho baredoEsta mañá o Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, e o Director Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia, José Alberto Pazos Couñago, asinaron un convenio de colaboración para mellorar a accesibilidade, renovando o drenaxe e firme, do Camiño Portelos situado na Parroquia de Baredo.

O proxecto ten un orzamento de 36.204,22 euros (IVA excluído).O Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvimiento Rural (Feader) financia un 75% do proxecto mentres que o 25% restante contan a cargo dos fondos propios da Comunidade Autónoma e transferencias finalistas do Estado.

A Banda de Música de Baiona ofrecerá un concerto nocturno na praza do Concello.

Correo-e Imprimir PDF

banda baionaA Banda de Música Municipal de Baiona ofrecerá este venres un concerto a partir das 23 horas no escenario central montado na praza do Concello. Entrada libre.

Socialistas ven “curioso” que o levantamento do peche ao Villa Rosa coincida cunha visita do vice da Xunta.

Correo-e Imprimir PDF

villa rosa fronteAsí o expresou Rafael Lores, secretario xeral do PSOE de Baiona nun comunicado público. Tras denunciar "escurantismo" no proceder do alcalde Vázquez Almuíña (PP), engade que o peche que pesaba sobre a discoteca Villa Rosa, propiedade de Ezequiel Simóns, foi levantado "curiosamente ao día seguinte da visita do Vicepresidente da Xunta de Galicia, o Sr. Rueda"
"De improvisación, ausencia de rigor e fundamentalmente escurantismo, é como podemos cualificar a xestión do peche e a posterior apertura de Vila Rosa por parte do alcalde de Baiona", denunciaba esta fin de semana o concelleiro da agrupación socialista de Baiona, Rafael Lores.

Conceden subvención para mellorar a accesibilidade turística ao miradoiro do Cortelliño. #Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

almuinhacortelinhoA directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e mais o alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, visitaron hoxe o miradoiro do Cortelliño na Serra da Groba. Este será un dos enclaves beneficiados dunha subvención autonómica próxima aos 2 millóns de euros a repartir entre máis de 100 destinos turísticos.

Esta liña de subvencións ten por obxectivo dotar ao medio rural de Galicia das infraestruturas e sinalización adecuadas para que se converta nun destino accesible para todos a través da adecuación dos recursos, segundo explican dende a Xunta de Galicia.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL