Domingo, 24 Sep. 2023

Actualizado07:21:59 AM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

#Baiona: Todo o que hai que saber para non perderse nada na Anunciada

Correo-e Imprimir PDF

alexubago650Baiona engalánase este fin de semana para celebrar as festas en honor á súa patroa, a Virxe da Anunciada.

Durante catro días baioneses e visitantes poderán gozar dunha ampla programación que acolle actividades para todos os membros da familia.

O programa comezou esteo venres 31 de xullo co lanzamento, ás 11 da mañá, de 12 bombas de palenque. Pola tarde, ás 20:30 horas, a alameda Carabela Pinta acolleeu o espectáculo “Peor Imposible” de Peter Punk. Xa pola noite ás 23:00 horas amenizou a festa no parque da Palma o concerto de Paracetamol e do grupo de rock español La Fuga.

A xestión do servizo municipal de auga seguirá privatizado en #Baiona inda os reclamos da oposición.

Correo-e Imprimir PDF

imaxe aerea baionaO Concello de Baiona aprobou onte en pleno o requirimento previo para a adxudicación do contrato de concesión do servizo do auga á empresa Gestagua. De presentar dentro dos próximos dez días a documentación solicitada o contrato de adxudicación ficará firmep olos próximos vinte anos e por un total de 41 millóns de euros .
A proposta foi presentada ao pleno polo goberno local cun informe técnico. A mesma saíu adiante cos votos dos nove concelleiros do PP fronte aos oito da oposición que defendía unha municipalización do servizo.

Arnild, a nena náufraga do iate Thalassa retorna a Baiona a piques de cumprise sete décadas da traxedia.

Correo-e Imprimir PDF

casa navegacion baionaHedwing, Arnild, Erling, .... até un total de catorce persoas eran viaxeiros e tripulantes do Thalassa que botou até o día 30 de decembro de 1948 amarrado no porto de Vigo, día no que arrincou rumbo América. Ó chegaren á altura do Porto decidiron dar volta cara Vigo co triste remate nas pedras de Silleiro. A Arnild levouna até terra firme o motorista de 56 anos Ansger Brevig. Acarrexábaa nos hombreiros cando unha vaga guindou a nena en terra firme e afogou o home. Eran as oito da mañán e o soldado da batería de Silleiro Luciano Buño Viña abrigou cun capote a nena que viña empapada e encouro. No accidente morreulle pai, nai e irmán. Así lembraba o historiador Xosé Lois Vilar (IEM) o tráxico naufraxio do Thalassa nun artigo de recente publicación. Artigo premonitorio que sen sabelo preparou a memoria colectiva para recibir en Baiona nestes días a Arnild Utheim, a única sobrevivente do afundimento.
O Museo Casa da Navegación de Baiona recibiu a vista da norueguesa quen realizou un percorrido polas instalacións.

Próximo a 200 persoas responderon á convocatoria do IEM para visitar a aldea medieval de San Cosme.

Correo-e Imprimir PDF

san cosme anxoA tarde ameazaba choiva mais rematou sendo ideal para para camiñar "pola agradable temperatura e o doado camiño que percorremos dende A Chan da Lagoa ata o núcleo de San Cosme e a Fonte Santa", sinala o profesor Xilberte Manso do Instituto de Estudos Miñoranos. Salienta a presenza de polo menos 180 persoas entre veciños e visitantes que concorreron á convocatoria do IEM a esta visita guiada polo mozo de Baíña e historiador baionés, Anxo Rodríguez Lemos, da Sección de Historia, Arqueoloxía e Toponimia do IEM.

#Baiona : Vivendas sociais de As Escubichas atrapadas nun plan urbano con taxas para vivendas de luxo.

Correo-e Imprimir PDF

PSOE as escubichas"Nos próximos días podemos asistir en Baiona á incomprensible paradoxa social onde 24 vivendas sociais en As Escubichas terán que afrontar o 10% do gasto do axardinamento dunha urbanización de luxo con máis de 200 chalés", denuncia o concelleiro Rafael Lores (PSOE).

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL