Xoves, 18 Jul. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Baiona Máis de 200 persoas consultaron o CIM de Baiona por casos de violencia de xénero durante 2014.

Máis de 200 persoas consultaron o CIM de Baiona por casos de violencia de xénero durante 2014.

Correo-e Imprimir PDF
rueda3

Baiona o pasado ano atendeu a máis de 200 persoas no Centro de Información á Muller no referente a casos de violencia de xénero. Os datos foron revelados, Por Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta de Galicia durante unha visita ao CIM de Baiona este mediodía.

Indicou que nos últimos cinco anos, o Concello ten recibidos case 200.000 euros da Xunta para apoiar a Igualdade, entre a subvención para mantemento do CIM, programas de promoción de Igualdade, de conciliación e de prevención da violencia de xénero.

O Centro conta cunha directora que ademais é axente de Igualdade, cunha asesora xurídica e cunha asesora psicolóxica.
Ademais salientou que o Concello de Baiona está adherido á Rede de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero, unha rede encargada de promover e apoiar proxectos de prevención da violencia de xénero e detención precoz de situacións de risco, mobilizando e implicando a toda a sociedade fronte o maltrato e xeneralizando a tolerancia cero contra as persoas agresoras.

Na visita o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda estivo acompañado da secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella e o alcalde da localidade, Jesús Vázquez Almuíña.
Alfonso Rueda manifestou que o goberno galego colabora cunha achega anual de máis de 3 millóns de euros para contribuír ao mantemento dos 80 CIMs que hai na nosa comunidade "e que garanten a prestación dun servizo de información ás mulleres e promoción da Igualdade, proporcionando asesoramento psicolóxico e xurídico; así coma información sobre recursos específicos para as mulleres vítimas da violencia de xénero e aos seus fillos e fillas".