Martes, 19 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

#Baiona : O Concello fornece con chalecos antibalas aos cadros da Policía Local.

Correo-e Imprimir PDF

policia local baionaO Concello de Baiona fornece de chalecos antibalas e anticorte de última xeración a todo o cadro de persoal da Policía Local. A medida forma parte dunha política de mellora da calidade policial que o goberno local, anuncia, está a desenvolver en coordinación cos representantes sindicais do corpo e a Xefatura de Baiona. A iniciativa forma parte do Plan de Calidade Turística en Destino promovido pola Secretaría do Estado de Turismo, sinala o rexedor Jesús Vázquez Almuiña, quen afirma que o conxunto de medidas que está a desenvolver a súa administración garanten a seguridade dos axentes nos operativos e outros riscos propios do seu traballo.

O novo réxime de uso do Aral será informado a propietarios e abonados do aparcadoiro municipal.

Correo-e Imprimir PDF

A consecuencia da resolución contractual coa antiga empresa Sofranda Gestao de Parques, o Concello de Baiona comeza a tomar medidas como novo xestor do aparcadoiro do Aral. Nese senso convocou a todos os titulares de cesión de prazas e usuarios abanodados do aparcadoiro a unha reunión o vindeiro luns 1 de xuño ás 20 horas no salón de Pleno. O motivo, segundo a administración é informaráselles sobre a nova situación do aparcadoiro e réxime de uso ao que se deberán someter a partir de agora.

15.200 euros de benestar social, para pagar Festa da Terceira idade de Baiona

Correo-e Imprimir PDF

maioresCo nome de "Festa da Terceira Idade" ou "dos Maiores" e cun custe de 15.200 euros detraído das partidas de Benestar Social, celebrouse este mércores esta velada relixioso – social organizada polo concello de Baiona onde figuran  empadroados 2.139 persoas maiores de 65 anos, mais de esta "papatoria" só se benefician 600 persoas.

Popularmente os veciños a chaman a festa "dos vellos" ou "do Chicho", polo alcalde que a organizou por primeira vez hai máis dunha década e media. A súa estrutura pre-democrática, con oficio relixioso como punto de partida, mantense inmodificable a pesar dos novos tempos.

#Baiona : Os rescates millonarios dos aparcadoiros privatizados comprometen o seu futuro económico

Correo-e Imprimir PDF

aparcadoiro aralAparcar en Baiona é unha dor de cabeza constante para veciños e visitantes. O inexistente transporte público obriga a desprazarse entre parroquias cara á vila en coches particulares. O PP apostou a solucionar o problema incrustando dous aparcadoiros subterráneos, A Palma e O Aral. Ambos os dous deberon ser rescatados polo concello trala súa privatización por deficitarios. Neste intre o do Aral está só para uso das prazas fixas e Vázquez Almuíña decidiu o seu rescate nunha operación económica que a oposición denuncia descoñecer nos seus detalles e amosa preocupación polas cifras millonarias da mesma: o equivalente a un ano de orzamentos municipais, cando menos.

Mentres moitos veciños xogan á ruleta rusa de aparcar en zonas prohibidas, tras ducias de voltas infrutuosas na procura de estacionar, os visitantes, comerciantes e traballadores enchen as zonas libres da Virxe da Rocha, pelexan con taxistas, pescadores e marisqueiras na zona da lonxa ou desisten e procuran lugares afastados do centro da vila.

#Baiona :O BNG denuncia ao candidato do PP, Vázquez Almuíña ante a Xunta Electoral

Correo-e Imprimir PDF

comunicado-baionaO BNG-Asembleas Abertas presentará unha reclamación ante a Xunta Electoral Central tras ter coñecemento da celebración por parte do Concello de Baiona dunha rolda de prensa no día de mañá, na que presentará un proxecto xunto á Universidade de Vigo para a recuperación da Praia da Ladeira.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL