Mércores, 4 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

#Baiona : Vivendas sociais de As Escubichas atrapadas nun plan urbano con taxas para vivendas de luxo.

Correo-e Imprimir PDF

PSOE as escubichas"Nos próximos días podemos asistir en Baiona á incomprensible paradoxa social onde 24 vivendas sociais en As Escubichas terán que afrontar o 10% do gasto do axardinamento dunha urbanización de luxo con máis de 200 chalés", denuncia o concelleiro Rafael Lores (PSOE).

Castro e Ladeira recolle 200 kg de produtos para o Banco de Alimentos de Vigo

Correo-e Imprimir PDF

O pasado martes a Asociación de Veciños Castro e Ladeira de Sabarís fixo entrega ao Banco de Alimentos de Vigo có que colabora, cerca de 200 kg. de comida no perecedoira doada polos asistentes ao "I Festival solidario", organizado pola asociación no fusco lusco do pasado vneres.
Castro e Ladeira agradece ao público asistente e aos artistas Fredi Cruxer e Somoza pola súa participación desinteresada no espectáculo solidario.

Esquerda Unida pide a inscrición de Baiona no Rexistro de Centros e Entidade de Formación para o Emprego.

Correo-e Imprimir PDF

É a primeira moción desta agrupación tralo seu ingreso á corporación. "Dentro dos varios colectivos necesitados de apoio, quixemos significarnos nesta nosa primeira moción co de desempregados, e por iso pedimos ao pleno que aprobe a inscripción do Concello de Baiona no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Conselleria de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, co fin de poder acceder ao programa de cursos de formación ofertada pola citada Consellería", explica o veceiro Silvano Montes.

As obras do carril bici e o paseo marítimo de #Baiona a contrarreloxo coa chegada dos turistas.

Correo-e Imprimir PDF

carril biciA un custe de 214 mil euros o quilómetro comezaron as obras que unirán o paseo marítimo ao resto do carril-bici que vai cara á Guarda. Unha nova proba contra reloxo que afronta Baiona a días de comezar a arribada de visitantes. Para darlle un toque de motivación ás obras, a conselleira Ethel Vázquez as visitou nesta xornada, acompañada do alcalde Jesús Vázquez Almuíña. "O noso obxectivo é axilizar ao máximo a súa construción para que este carril –bici poida estar operativo este verán e sexa empregado o antes posible polos residentes e polos numerosos turistas que visitan esta vila", afirmou a responsable da conselleira de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia.
Inda a súa importancia para a circulación e ocio de veciños e visitantes, e o incremento do tráfico no período estival, as obras recen comezaron e a empresa encargada conta cun prazo de tres meses para rematar 1 quilómetro da mesma. Lonxitude afectada neste traballo.

A humanización de Sabarís se desenvolverá no verán por segundo ano consecutivo.

Correo-e Imprimir PDF

ethelbaionaCon esta nova intervención a travesía interior de Sabarís alcanzará os 2:6 millóns de euros de custe. Pese o malestar de comerciantes e veciños polas obras en plena tempada estival, a nova intervención dará comezo a vindeira semana e por 5 meses segundo adiantou a conselleira Ethel Vázquez este martes nunha visita a Baiona.

As obras de humanización da nova fase da travesía interior de Sabarís cubrirán un tramo de 400 metros (rúa Areas, dende a glorieta Santos Peralba ata o cruce coa avenida da praia Ladeira) a un custe próximo ao millón de euros. Cifra á deben engadirse 1:26 millóns de euros da etapa I que cubriron 500 metros máis segundo datos achegados por Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas da Xunta de Galicia presente nesta xornada en Baiona. As obras, a cargo da empresa Atlántica de Construción e Medio Ambiente S.L., darán comezo a vindeira semana e ten un prazo de execución de 5 meses.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL