Empresario do Teatro Real de Madrid e político madrileño, pasaba a tempada de veraneo en Baiona. En 1911 organizou un concerto a prol de fondos para a construción da Virxe da Rocha, ao que asistira a raíña Victoria e parte da familia real. Lémbrase na vila o seu compromiso coa promoción da vila como centro turístico e a súa implicación en diversos actos de solidariedade cos máis necesitados. Esta mañá o alcalde de Baiona xunto con descendentes do homenaxeado colocaron unha placa co seu nome na glorieta que se sitúa nas rúas Tomás Mirambel e a estrada de suba á Virxe da Rocha, que leva o seu nome.
Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor
As pedras orixinais da Virxe da Rocha extraídas na restauración ficarán xunto á placa que lembra a Luis Calleja . #Baiona
#Baiona : Podemos organiza unha charla-coloquio sobre Medio Ambiente no Ángel Bedriñana.
O encontro abordará as temáticas "Pesca e Medio Ambiente" , "Crises e Medio Ambiente" e "Políticas neoliberais e Medio Ambiente". Será o vindeiro sábado 15 de agosto ás 19 horas na Sala Multiusos "Ángel Bedriñana", no soto da Praza de Abasto de Baiona. Entrada de balde.
O xuíz non admite a denuncia por "desobediencia á autoridade" contra o responsable do Villa Rosa
O xuíz de instrución número 7 de Vigo considera que o delito que se lle atribúea a Ezequiel Simóns, dono do local, non é constituínte de infracción penal "ao non estar regulada dita conduta como tal no Código Penal", segundo da conta nesta xornada La Voz de Galicia.
Segundo a mesma fonte, en todo caso o Concello de Baiona podería interpoñer unha demanda por vía administrativa si considérao oportuno.
#Baiona perde unha das atraccións nocturnas co precintado por 15 días da discoteca Villa Rosa .
Sobre o local pesaba unha multa de 1.500 euros e 15 días de peche por por dunha denuncia por exceso de ruídos tramitada durante a derradeira Arribada ante o Concello de Baiona.
Pese á orde o local abriu da noite do xoves ao venres. Efectivos da Garda Civil e Policía Local ingresaron á media noite brevemente ao local máis non impediron que seguira aberto.
Sobre as 20 horas do venres, a empresa que xestiona a discoteca anunciou aos seus clientes o peche: "Por orden del ayuntamiento de Baiona, Villa Rosa permanecerá precintado. Les mantendremos informados. Disculpen las molestias".
En Sabarís non hai cultura
En Sabarís non hai cultura, nin en Baredo, nin en Baiña nin en Belesar.
Esta é a conclusión que se pode desprender repasando o programa cultural "Baiverán 2015" logo de que toda a actividade cultural e de lecer organizada polo Concello de Baiona quede centralizada exclusivamente no centro da vila deixando de lado as parroquias.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL