Na tarde deste venres 12 de xuño chegou a formarse por uns minutos un pequeno tornado no barrio de Fontes en Baiona. O fenómeno cada vez aparece de xeito máis frecuente no Val Miñor nos últimos anos, aínda que sempre no mar. É a primeira vez que se mira a súa formación dende terra. O vídeo capta o fenómeno meteorolóxico visto dende a Praia de Santa Marta sobre ás 21:20 horas.
Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor
Vídeo: Captan formación dun tornado sobre o barrio de Fontes en #Baiona
Vídeo: O emulador de voo da Patrulla Águila do Exército do Aire visitará #Baiona.
Con capacidade para 14 persoas por quenda, o emulador permite experimentar as emocións que viven na cabina os pilotos da Patrulla Águila do exército do aire. A chegada do emulador está prevista para o vindeiro 22 de xuño ao Parque da Palma onde se poderá visitar gratuitamente de 10 a 14 horas e de 17 a 21 horas.
Será con motivo da entrega do "Santos Peralba"
Baiona blindada o próximo 22 de xuño ante a chegada de Rajoy e o presidente de Portugal
O presidente do goberno Mariano Rajoy, o primeiro ministro portugués Pedro Passos Coellho e varios ministros de ambos países manterán o próximo 22 de xuño en Baiona a XXVIII cumbre hispano-lusa.
Ambos mandatarios analizarán as relacións bilaterais e diversas cuestións sobre o futuro da Unión Europea, centrados principalmente na economía e na construcción de infraestructuras enerxéticas.
Podemos #Baiona analizará os resultados do 24M e continuará o proceso de validación do círculo.
O vindeiro sábado 6 de xuño, ás 18:00 horas, terá lugar a 4ª Asemblea do Circulo Podemos Baiona nas instalacións da sala "Ángel Bedriñana", no denominado Punto de Encontro (xunto á praza de abastos de Baiona), na rúa Carabela La Pinta.
#Baiona : O Concello fornece con chalecos antibalas aos cadros da Policía Local.
O Concello de Baiona fornece de chalecos antibalas e anticorte de última xeración a todo o cadro de persoal da Policía Local. A medida forma parte dunha política de mellora da calidade policial que o goberno local, anuncia, está a desenvolver en coordinación cos representantes sindicais do corpo e a Xefatura de Baiona. A iniciativa forma parte do Plan de Calidade Turística en Destino promovido pola Secretaría do Estado de Turismo, sinala o rexedor Jesús Vázquez Almuiña, quen afirma que o conxunto de medidas que está a desenvolver a súa administración garanten a seguridade dos axentes nos operativos e outros riscos propios do seu traballo.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL