Martes, 16 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Vídeo: O emulador de voo da Patrulla Águila do Exército do Aire visitará #Baiona.

Vídeo: O emulador de voo da Patrulla Águila do Exército do Aire visitará #Baiona.

Correo-e Imprimir PDF
001

Con capacidade para 14 persoas por quenda, o emulador permite experimentar as emocións que viven na cabina os pilotos da Patrulla Águila do exército do aire. A chegada do emulador está prevista para o vindeiro 22 de xuño ao Parque da Palma onde se poderá visitar gratuitamente de 10 a 14 horas e de 17 a 21 horas.
Será con motivo da entrega do "Santos Peralba"

O Concello de Baiona anunciou que con motivo da entrega do Galardón "Santos Peralba", ao Xeneral de División do Ejercito do Aire, D. César M. Simón López, que terá lugar o vindeiro venres 26 de xuño, e grazas á colaboración do JEMA, o emulador de voo da Patrulla Águila do Exército do Aire estará en Baiona desde o luns 22 de xuño ata o xoves 25 de xuño.
8 minutos de acrobacia
O emulador de C101 da Patrulla Águila consiste nunha cápsula con capacidade para 14 persoas en cuxo interior, mediante a proxección dunhas imaxes de gran impacto visual asociadas ao movemento coordinado de dita cápsula, preténde dar a coñecer as sensacións que experimentan os pilotos a bordo deses avións CASA C-101, durante as súas exhibicións aéreas.
Na cápsula, os pasaxeiros acomódanse sobre asentos deseñados ergonomicamente, cuxa localización proporciona unha visión sen obstáculos da pantalla e de todo canto sucede nela. A súa tecnoloxía ten as súas orixes na simulación do sector aeroespacial. Oito minutos de acrobacias aéreas a bordo dun avión C-101 da Patrulla Águila do Exército do Aire.

Vídeo de presentación do emulador de voo da Patrulla Águila.| ©Exército do Aire

Horarios de visita
O emulador de voo estará situado no Parque da Palma con entrada gratuíta. As visitas poderán facerse de 10:00 a 14:00 horas, tendo neste horario prioridade os centros educativos e de 17:00 a 21:00 horas.

Emulador de voo da Patrulla Águila.| ©Exército do Aire

Publicado por Valminor.info - O Xornal do Val Miñor o Xoves, 11 de xuñio de 2015