Venres, 6 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

Socialistas esixen paralizar a concesión da auga en Baiona ante nova suspensión ditada pola xustiza.

Correo-e Imprimir PDF

encorobaionaO Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais, ditou a suspensión provisional do procedemento de contratación da concesión para a explotación do ciclo integral da auga de Baiona. O mesmo tivo lugar tras un recurso da empresa FCC Aquqlia, segundo dá conta o PSOE Baiona. Trátase da segunda vez que esta tribunal anula a contratación do devandito servizo

Autobuses escolares prestarán servizo de transporte público entre parroquias en Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

galisurCollerán aos posibles pasaxeiros nas paradas xa preestablecidas para o servizo escolar. A un custe de 1€ os usuarios poderán achegarse co autobús escolar ás distintas paradas nos traxectos ao CEIP Covaterreña ou IES 1º de Marzo. A dispoñibilidade de prazas será o límite de usabilidade. A medida foi acordade por unanimidade no pasado pleno de Baiona e orixinada nunha iniciativa da agrupación socialista.

O Concello de Baiona licita a recuperación do paseo fluvial de Baredo .

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Baiona saca a licitación con carácter urxente cara un proxecto de rehabilitación da senda fluvial no río Fraga, na parroquia de Baredo.

derrube-paseo-baredoO prego marca tres meses como prazo para a súa execución, e 279.050,66 € como prezo base do concurso, impostos incluídos.

O proxecto financiase integramente con cargo do Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 (POSS 2015), subvencionado pola Deputación Provincial.

Esquerda Unida convoca a asemblea municipal en #Baiona

Correo-e Imprimir PDF

A agrupación municipal de Esquerda Unida SON anuncia a celebración este martes 1 de setembro ás 20 horas dunha asemblea aberta para militantes, simpatizantes e veciños de Baiona en xeral.

Membros do GES Val Miñor rescatan unha persoa ferida nas rochas da praia dos Frades. #Baiona

Correo-e Imprimir PDF

fradesUnha persoa golpeouse nun costado despois de caer nunha zona rochosa do Paseo Monte de Boi, á altura da praia dos Frades en Baiona.

Ademais das lesións provocadas pola caída, a persoa, que estivo en todo momento consciente, tivo que ser rescatada polos efectivos do GES do Val Miñor.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL