Domingo, 8 Dec. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Baiona Baiona blindada o próximo 22 de xuño ante a chegada de Rajoy e o presidente de Portugal

Baiona blindada o próximo 22 de xuño ante a chegada de Rajoy e o presidente de Portugal

Correo-e Imprimir PDF
Cumbre Hispano Lusa 2014 Ourense | Imaxe MAE España

O presidente do goberno Mariano Rajoy, o primeiro ministro portugués Pedro Passos Coellho e varios ministros de ambos países manterán o próximo 22 de xuño en Baiona a XXVIII cumbre hispano-lusa.

Ambos mandatarios analizarán as relacións bilaterais e diversas cuestións sobre o futuro da Unión Europea, centrados principalmente na economía e na construcción de infraestructuras enerxéticas.

O próximo 22 de xuño terá lugar en Baiona a Cumbre Hispano-Lusa, un encontro anual entre ambos paises que leva celebrándose dende fai vinte oito anos.

Aínda que non trascenderon públicamente os contidos da axenda a tratar, algunhas fontes dipolomáticas sinalan a diversos medios que as reunións estarán centradas novamente na economía e as melloras as interconexións en materia de enerxía para a Península Ibérica na procura de financiación de novas infraestructuras no denominado Plan Juncker.

A reunión abordará tamén cuestións bilaterais de cara ao seguinte consello europeo de Bruselas, para tratar temas como a inmigración ilegal, o reparto de refuxiados ou a loita contra o terrorismo yihadista.