O aununcio foi feito público esta mañá e por sorpresa mediante un comunicado. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou a remodelación do goberno galego cesando á conselleira de Sanidade Rocío Mosquera entre outros.
O posto de Sanidade vai ser ocupado polo actual alcalde de Baiona e deputado provincial, Jesús Vázquez Almuiña.
En época de suposta austeridade e contencion de gasto, o presidente Feijoó aproveita o cámbito de goberno para incrementar o numero de consellerías que pasa de 8 a 10, con dúas grandes mudanzas: a destitución da conselleira de Sanidade, protagonista dunha desastrosa posta en marcha do hospital publico - privado de Vigo e a retirada das competencias de Medio Rural á conselleira Rosa Quintana logo de azuzar os ánimos dos sectores rurais do propio Partido Popular no conflito do leite en Galicia.